Mostrando entradas con la etiqueta PDI "O Futuro que queremos". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI "O Futuro que queremos". Mostrar todas las entradas

20 jun 2023

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Presentamos a nosa Guía de Lecturas para o verán.

Libros, música e xogos para que disfrutedes no tempo de lecer.

Premendo nas imaxes podedes obter información sobre cada unha delas. 

Colabora co comercio local e merca nas súas librarías!!!

Bo verán e refrescantes lecturas!!!

Guía Lecturas Verán 2023 de Biblioteca Seis do Nadal

19 jun 2023

ADIVIÑANDO O FUTURO CON SCRATCH

O curso xa chega ao seu fin e é hora de ir rematando todos eses proxectos que ao longo do curso fomos realizando con ilusión. 

 

No caso do alumnado de 6º aproveitando os coñecementos que adquiriron sobre Scratch para por fin ao PDI O futuro que queremos deseñaron un xogo para predicir o futuro. 

 

E ti queres xogar a adiviñar o futuro? Pulsa no seguinte enlace e divírtete:


ADIVIÑA O TEU FUTURO


17 jun 2023

ANPA: APORTACIÓN DE LIBROS

Queremos  agradecer unha vez máis a nosa ANPA, a aportación tan maravillosa de libros para o centro pensando nas nosas crianzas.

Lecturas de calidade, diversas, inclusivas, igualitarias,… que o noso alumnado disfrutará.

Unha mostra máis de agarimo das nosas familias para seguir facendo Comunidade.

16 jun 2023

PLAN PROXECTA +. VISITA DA CRUZ VERMELLA

Como broche final do Plan PROXECTA+: Aprendo programando no Seis o alumnado de 6º recibiron a visita de Daniel e Teresa integrantes da ONG Cruz Vermella


Nesta visita estiveron falando da súa labor cos REFUXIADOS, traballando estes conceptos e outros relacionados a través dunha dinámica de grupo e finalmente visualizando uns vídeos testemuño dalgunhas persoas refuxiadas.


Grazas a esta visita o alumnado puido comprobar como o traballado ao longo do curso é real e existen casos de refuxiados que viven preto de nós.

15 jun 2023

DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO

O mércores 14 de xuño, remataron a súa colaboración os/as axudantes da biblioteca, alumnado de 6º de Primaria, que participaron no programa “Voluntariado de Lectura-A”.

Despedímolos cunha merenda e entrega dun diploma e un pequeno agasallo (marcapáxinas e bolsa) polo seu traballo, colaboración e implicación no bo funcionamento da biblioteca ao longo de todo o curso.

Desexámosvos  moita sorte na nova etapa que comenzaredes en setembro. Moitas grazas a todos e todas!!! 

13 jun 2023

PDI 3º PRIMARIA: COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

Dende o nivel de 3º de Primaria estivemos traballando o "Futuro que queremos" dende unha perspectiva do coidado do medio ambiente e o planeta no que queremos vivir. Para iso, levamos a cabo diferentes proxectos e actuacións ao longo de todo o curso. 

Primeiro partimos dende o noso contorno máis próximo, o noso centro. Para iso, o alumnado pensou no "cole que queremos", deseñou e construíu unha maqueta na que puido plasmar as modificacións que considerarían necesarias para mellorar as edificacións e a súa contorna. A maior parte dos cambios fixeron referencia aos espazos comúns e o patio (engadíronse máis árbores e ampliáronse as zonas para poder practicar deportes, entre outros cambios). 

A segunda actuación que fixemos co noso alumnado baseouse no concepto "think globally, act locally", segundo o cal urximos ao alumnado a ter en conta a saúde do planeta e realizar pequenas accións na súa propia comunidade. Estes esforzos de raíz axudan a protexer os ecosistemas e os organismos que dependen deles. Por iso, achegámonos até a praia de Alcabre dispostos a pasar unha xornada de restauración ambiental e recollida de lixo. Aínda que aparentemente estaba bastante limpa, acabamos enchendo varias bolsas de lixo de todo tipo. O alumnado puido comprobar de primeira man que o coidado dos ecosistemas mariños é fundamental para a preservación do noso planeta e que en moitas ocasións as praias e os mares acaban converténdose en auténticos vertedeiros dos nosos refugallos. 

Ante a enorme cantidade de lixo recollido, xurdiu a idea de relizar unha clasificación e investigación do atopado. Usando os recursos da bibliolab (tabletas), o alumnado clasificou o lixo segundo o seu tipo ou material e investigou o tempo que tarda en degradarse na natureza. Con toda esta información, fixemos unha exposición diante da biblioteca para compartir o aprendido co resto do alumnado do centro. 

Na última actuación puxemos en práctica novamente a aprendizaxe por servizo. Cunha intención solidaria, o alumnado interviu novamente nas necesidades da súa contorna para mellorala, nesta ocasión no parque da Bouza. Sendo un verdadeiro pulmón do barrio de Coia que se atopa nas inmediacións do noso centro, fixemos unha recollida de lixo e limpeza do parque. 

11 jun 2023

RESUMO DOS RETOS

Presentamos un resumo dos Retos mensuais, plantexados ao longo do curso, vinculados ao Proxecto Documental Anual, “O futuro que queremos”, centrado nos Obxectivos ODS da Axenda 2030.

Retos ODS de Biblioteca Seis do Nadal

7 jun 2023

LECTURA E FAMILIAS CON PAULA CARBALLEIRA

O xoves 1 de xuño tivemos a última sesión do Programa “Lectura e Familias”. O broche de ouro non podía ser mellor!!

Estivo con nós a actriz, escritora e contacontos Paula Carballeira.

Risas, xestos, palabras, contos e historias que nos fixeron desfrutar a grandes e pequen@s!!! Pasámolo xenial!!!

Moitas grazas Paula!!!

Rematamos a nosa primeira experiencia neste programa dando as grazas ás familias que participastes nas distintas propostas. 

Foron tardes cheas de emocións, de compartir lecturas, xogos... e conversas facendo comunidade!!!

Grazas a todos e todas e vémonos o curso que ven!!!

6 jun 2023

BIBLIOLAB: ACTIVIDADES STEAM

Unha pequena mostra das actividades que se desenvolveron na BiblioLab no mes de maio: Actividades Steam.

DEDUXA, RÁPIDO!

Web na que unha Intelixencia Artificial (IA) rétate a facer un debuxo en 20 segundos para ver se é quen de adiviñar o que estás debuxando.

ROBOT MOUSE

Construír o labirinto segundo a tarxeta, colocar o queixo e programa a Colby para que o coma.

TALE-BOT

Programa a Tale-Bot para que chegue ao seu destino.

LEGO

Constrúe diferentes máquinas simples coas pezas lego.

PROGRAMMINO

Xogo de mesa que contribúe ao desenvolvemento do pensamento computacional desenchufado.

PROGRAMA UNHA MASCOTA VIRTUAL

Utiliza o programa Scratch para programar a túa propia mascota virtual a partir das tarxetas de código.

5 jun 2023

PLAN PROXECTA +. NARRATIVA DIXITAL SOBRE OS REFUXIADOS

Nesta última fase do Plan PROXECTA+: Aprendo programando no Seis o alumnado de 6ºEP deseñou e creou un programa en Scratch para presentar a información da súa investigación sobre os REFUXIADOS.

En primeiro lugar planificaron o storyboard da súa narrativa dixital, pensando ben cales ían ser os fondos, personaxes e textos. 


Unha vez co borrador e as ideas claras chegou a quenda de programar en Scratch para facer realidade os seus proxectos.



A continuación podedes acceder ao estudio de Scratch onde atoparedes os proxectos creados:


 https://scratch.mit.edu/studios/33460479


1 jun 2023

LECTURAS EN FAMILIA

Queremos agradecer a todas aquelas familias, nais, pais, avós, avoas,… que nos acompañastes durante estes meses facendo a Hora de Ler máis amena, relaxante e moi emocionante.

Fixémoslle entrega dun diploma de participación por compartir con nós esas lecturas que tanto desfrutamos e agradecemos.

Últimas familias que viñeron contar contos por este curso, dentro do programa “Lectura e Familias”:

Dayana, nai de Arabia, 6º de Edº Inf., contou  a historia das chaves que abren os nosos soños ,que farán que cada noite sexa un momento especial, “La llaves de los sueños”.

María, nai de Raquel, de 3º de Primaria, recitou poesías ao redor do mundo da froita, con “Macedonia de versos”.

Vanesa, nai de Lara, 6º Edº Inf., contou dous contos “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo” e “O grúfalo”.

Ana, nai de Iván e de Alex, 6º Ed. Inf., a historia de “Ranilda” un conto que nos fala de autoestima e de amizade.

Grazas e agardámosvos o vindeiro curso!!!

30 may 2023

EN MAIO, CINE NA BIBLIO

O martes 30 de maio celebramos na biblioteca outra sesión de cine. Desta vez, os espectadores e espectadoras foron os máis pequenos da escola, o alumnado de Infantil.

Proxectáronse varios episodios da serie “A tropa de trapo”, desta maneira acercamos aos cativos/cativas ao mundo animal dunha maneira lúdica e colorida. Vimos como se transforma unha eiruga en bolboreta, e tamén como podemos comprender os medos dos demais e axudarlles a superalos.

Para entrar, nesta ocasión, tiñan a súa entrada de cine que lle picamos e levaron de recordo. Estiveron moi atentos amosando sen dúbida que os nosos pequenos e pequenas son grandes espectadores e espectadoras.

27 may 2023

CONTACONTOS PARA FAMILIAS

Xa na recta final de curso, só queda a última actividade deste curso do Programa "Lectura e Familias", aberta a todos os públicos.

O xoves 1 de xuño contaremos coa presenza da escritora, contacontos e actriz PAULA CARBALLEIRA, co obradoiro: 

Que conto contamos?

Que conto escollemos para contar? Un conto que nos fale de animais, de aventuras, de enredos e enxeños? Un conto no que haxa que lembrar a quen atopamos polo camiño para saber quen chega ao final? Un conto que nos leve pola terra, polo aire e polo mar? 

Onde buscamos ese conto? Entre as páxinas dun libro? Na voz de alguén que nos quere arrolar?

Día: xoves 1 de xuño.

Lugar: Biblioteca.

Horario: 17:00h.

As familias interesadas deberán enviar un email ao correo, bibliotecaseisdonadal@gmail.com, indicando o voso nome e o curso do voso fillo/filla.

Contacontos para todos e todas, nais, pais, avós, avoas,...

Animádevos!!!Non vola perdades!!!

Disfrutaremos dunha tarde de contos!!!

21 may 2023

LECTURAS EN FAMILIA

Na semana do 15 ao 24 de maio, as familias que contaron foron:

María Luisa, avoa de Alba, 4º Edº Inf., contou a historia duns animais que estaban a matinar “A que sabe a lúa” e querían probar un anaquiño.

Ingrid, nai de Xiana, 6º Edº Inf. , “La casa de Tomasa” é pequena e cómoda para ela e o seu gato pero ao convidar a tanta xente cada vez queda menos.

Bárbara, nai de Nara, 2º de primaria, un conto cheo de sensibilidade no que o protagonista comprobará que non é doado ser sempre  amable. “Me porto siempre bien (bueno, casi siempre)”.

Jose, pai de Noa, 6º Ed. Inf., o conto "E se me come unha balea?".


Faustino, pai de Denis, 6º Ed. Inf., un texto rimado "Aprender a leer en la escuela de monstruos. Emociones de colores".

Grazas por compartir con nós estas fermosas lecturas!!!

20 may 2023

VISITA A PADRÓN DO CLUB DE LECTURA

Despois da lectura do libro “Formig4s. Misión Rosalía” de Pere Tobaruela, decidimos seguir as pegadas de Rosalía organizando unha excursión a Padrón co alumnado do Club de Lectura o 5 de maio.

Comenzamos visitando a Casa Museo Rosalía. Nos xardíns da casa, ao pé dunha das esculturas de Rosalía, recitamos varios poemas.


Percorremos parte do Roteiro Rosaliano. A nosa primeira parada foi no Xardín Botánico onde Alberto, o noso guía, explicounos as distintas especies que hai neste xardín, algunhas delas presentes no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Continuamos o noso camiño polas rúas desta fermosa vila, facendo parada na Casa da Rúa do Sol, a casa na que Rosalía pasou a súa infancia, dende os 4 ata os 10 anos, a praza de Macías,...

Despois do xantar e dun rato de xogos, retomamos a nosa ruta polo paseo do Espolón onde recitamos poemas ao pé da estatua de Rosalía de Castro e a Igrexa de Santiago.

Rematamos a nosa viaxe merendando en Santiaguiño do monte. Foi unha xornada na que desfrutamos, compartimos momentos e aprendemos!!! Un día para lembrar!!!