31 may 2024

AGASALLO DA ANPA

Queremos agradecer, unha vez máis a nosa ANPA, por agasallarnos cun lote de xogos de mesa pensando nas nosas crianzas.

Os xogos de mesa axudan ao desenvolvemento de habilidades cognitivas, sociais e emocionais. Fomentan a memoria, atención, colaboración, socialización, respecto polo cumprimento de normas, a elaborar estratexias e resolución de problemas, mellora a autoestima e a confianza...

Pasarán a formar parte dos fondos da BiblioLab e así o noso alumnado os disfrutará!!! Grazas!!! 

Entre todos e todas imos facendo Comunidade!!!

29 may 2024

RECREANDO PORTADAS DE LIBROS

Estas son as fotografias coas portadas dos libros que recreastes. Grazas a todas as persoas que vos animastes a participar neste terceiro e último reto da biblioteca por este curso!!!

25 may 2024

FAMILIAS LECTORAS

Queremos agradecer a todas aquelas familias que nos acompañastes durante estes meses compartindo con nós esas lecturas que tanto desfrutamos e coas que pasamos ratos moi agradables e cheos de complicidade.

Grazas por participar nesta fermosa experiencia.  

Agardámosvos para o vindeiro curso!!!

Estas son as últimas familias que viñeron contar contos no mes de maio, dentro da actividade “Familias lectoras”.

Loreto, nai de Teo, 1º de Primaria, contounos a historia dunha vella que tiña sete soños durante sete días e naceron “Sete dentes de león” que acenderon o mundo.

Faustino, pai de Denis, 1º de Primaria, contounos o conto de “El Ratón Pérez”. Que levará gardado na súa mochila o rato Pérez?

Cecilia, nai de Sarah, 1º de Primaria, contounos a historia de “Carabuñas”.

Lara, nai de Lúa, 5º de Edº Infantil, falounos de "O peixe".

Sonia, nai de Xoel, 4º de Edº Infantil, contounos a historia dun lobo ao que non lle gustaba a súa cor, "El lobo que quería cambiar de color".

24 may 2024

PROGRAMA DE RADIO "LETRAS GALEGAS"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis. 

Nesta ocasión os protagonistas son as clases de 1ºB e 5º de Edº Infantil B que prepararon un programa sobre as Letras Galegas e presentaron o PDI dos diferentes cursos.

Agardamos que o desfrutedes!!!

23 may 2024

CONTOS NAS ORELLAS

O 22 de maio recibimos a Bea Campos e Manuel Pombal co espectáculo "Contos nas orellas" para celebrar o Día das Letras Galegas.

O alumnado de Edº Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria desfrutou coas historias e a música.

Crocodilo, chivons chivóns... foron algúns dos contos que nos contaron e cantaron!!!

Grazas a Anpa e ás familias por colaborar!!!

22 may 2024

LUISA VILLALTA: UNHA VIDA DE PELÍCULA MUSICAL

Celebramos o Día das Letras Galegas con varias actividades organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.

Traballamos a biografía de Luisa Villalta, construindo entre todas as aulas varios pentagramas xa que a música, especialmente a que creaba co seu violín, acompañouna sempre.

Cada aula de Primaria escribiu unha frase nas liñas destes pentagramas, utilizando como complemento, as ilustracións do libro da Ed. Xerais “Luisa Villalta. Alma de violino”.

Edº Infantil creou un pentagrama interactivo coas notas musicais e palabras significativas que definen moi ben a esta autora.

Tamén houbo unha selección de libros sobre a autora homenaxeada!!!

21 may 2024

PROGRAMA DE RADIO

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis. 

Nesta nova entrega poderedes escoitar a Julia, Nicolás,  Martina, Mateo, Noa, Andrea, Breogán e Einar, voluntariado da biblioteca, que prepararon un programa sobre Luis Villalta, homenaxeada polas Letras Galegas, para participar no VI Concurso de Podcasts Radio na biblio.

Desfrutade desta nova entrega!!!

20 may 2024

FOTOGRAFÍA: CAROLINE SOUTH

Para rematar o proxecto documental deste curso, a fotografia, na clase de 5º de Edº Infantil traballaron unha última fotógrafa: Caroline South.

Unha fotógrafa inglesa que estudou arte e deseño, á que lle encanta facer composicións de elementos naturais, sobre todo, atopados. A través dunha presentación de fotos, coñeceron o traballo desta autora.

E nas vacacións de Semana Santa tiñan que recoller plásticos de cores das praias. Falaron e clasificaronnos segundo a súa cor.

Tamén investigaron sobre as cores do Arco da vella e crearon os seus propios con plástico.

Continuaron explorando o traballo da artista xogando cos plásticos de cor branca para crear composicións e mandalas.

Tamén crearon o marco para a súa foto e o decoraron con formas diferentes.

Remataron completando unha ficha sobre o traballo de Caroline. Debuxáronna, escribiron o seu nome e catro palabras claves: fotógrafa, creativa, composicións e arco da vella.

19 may 2024

CHARLA SOBRE A RADIO

O xoves 16 de maio recibimos a visita de Sonia e Xosé Manuel, xornalistas da RTVG e pais dun alumno do centro para impartir unha charla sobre a Radio para 5º e 6º de Primaria.

Falaron sobre a historia da radio, facendo unha viaxe desde a súa orixe ata a actualidade.

Explicaron en que consiste a profesión de xornalista e as múltiples saídas que ten na actualidade.

A rapazada foi facendo diversas preguntas sobre o tema, eventos no día a día dun/dunha xornalista, preparación das entrevistas...

Moi interesante!!! Grazas!!!

18 may 2024

VISITA DE PABLO PRADO

Na semana das Letras Galegas, o 16 de maio, os Clubs de Lectura de 5º e 6º recibiron a Pablo Prado, ilustrador de “Nerea. A invasión dos trastos”.

Nesta historia, Pablo rende unha homenaxe aos seus avós.

Nunha conversa moi amena foi explicando os elementos que interveñen no processo creativo dun cómic espertando a curiosidade e o interés na rapazada.

A medida que debuxaba falounos de duas palabras que non coñeciamos, pregnancia (cualidade que lle permite a unha figura ser captada de maneira moi rápida e simple) e pareidolia (producese cando vemos figuras ao mirar un material pouco estructurado).

Houbo momentos para as preguntas e dúbidas que tiña o alumnado sobre este cómic que tanto lles gustou.

Deixou a súa pegada no libro de visitas. Grazas Pablo por compartir con nós esta xornada!!!

17 may 2024

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano o 17 de maio, Día das Letras Galegas, está  adicado á intelectual, activista política, cultural e medioambiental, articulista, traductora, profesora, filóloga e violinista coruñesa LUÍSA VILLALTA.

Para achegarnos a súa vida e obra e descubrir máis sobre ela, temos preparada unha exposición con varios libros.

16 may 2024

ENCONTRO LITERARIO CON XABIER DOMÍNGUEZ

O 15 de maio recibimos ao escritor Xabier Domínguez que tivo unha xuntanza co Club de Lectura de 5º para conversar sobre o libro que leron, “Maxia de pedra”.

Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época de romanización.

Explicounos o proceso de creación dun libro e as distintas persoas (redactor, editor, escritor/a… que que son necesarias neste proceso ata que o libro chega ás mans dos lectores e lectoras.

Contounos que os nomes dos seus protagonistas son o da súa filla, Anxela e de amigos e tamen fai unha pequena homenaxe a un profesor de historia, Roberto, que tivera Xabier.

Conversamos sobre os temas que aparecen na obra: relación pai/filla, da importancia da arqueoloxía para coñecer o pasado histórico, a posta en valor do patrimonio, do coidado de medio ambente...

Descubriunos que a segunda parte e, continuación deste libro, é unha nova aventura de Anxela que viaxa a II Guerra Mundial e descobre os tesouros agochados nunha mina abandonada, “Segredos soterrados”.

O alumnado estaba desexoso de preguntar aquelas curiosidades que espertou a súa lectura con diferentes preguntas que remataron coa entrega de agasallos e unha foto co grupo. 

Unha sesión moi amena e agradable!!! Moitas grazas Xabier pola visita!!!

15 may 2024

LUÍSA VILLALTA E O TEATRO DE SOMBRAS

Con motivo das Letras Galegas o alumnado de 5º de Primaria realizaron a representación dos poemas, “Música reservada” "Antiquísima" da escritora polifacética Luísa Villalta mediante o teatro de sombras, homenaxeada deste ano.

Para a creación do teatro o alumnado tivo que analizar o poema para poder convertelo en imaxes a representar, realizar as marionetas e finalmente facer a representación da cal podedes desfrutar nos seguintes vídeos.



14 may 2024

CANTACONTOS CON TANIA JUSTO

O venres 10 e martes 14 de maio recibimos a Tania Justo, mestra de música e Directora da Academia Kairos de música, que viu compartir unhas sesións de Cantacontos.

Con Edº Infantil fixo un repaso polos clásicos de Kalandraka, da colección “Do Berce á Lúa” e cantou Lúa, cinco, crocodilo, animais...

Para 1º e 2º de Primaria cantou o conto de “O Monstro de cores” que acompañou coas texturas e peluches que todos e todas puideron tocar.

Para 3º e 4º de Primaria cantaron con “Elmer”, un elefante moi especial  que quería ser coma os demais pero descubriu que o que lle facía ser único  e xenial era ser diferente aos demais.

Cantamos e bailamos con Tania!!!! Grazas pola visita!!!

13 may 2024

PROGRAMA DE RADIO "OS MAIOS"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.

As clases de 2ºA e 6º de Edº Infantil A prepararon un programa sobre a festa dos Maios. 

Desfrutádeo!!!

12 may 2024

AS IMAXES DO PATRIMONIO

A asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! convoca o VII Certame de fotografía ”As imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués” como proposta do seu modelo de Boas prácticas.

O seu obxectivo é que o patrimonio que se encontra depositado nas familias sexa transmitido ás novas xeracións para que teñan un coñecemento das súas orixes e do seu patrimonio. Con estas imaxes terán acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas para os máis novos e novas.

Tendo en conta o PDI deste ano (OSEISMEDIA), dende a Radio do Seis, animámosvos  a participar neste concurso, como?

·   Debes dixitalizar unha fotografía familiar que sexa anterior ao ano 1970 e acompañala da súa propia historia, por exemplo, a través dun:

-Pé de foto (máximo de 200 palabras).

-Un código QR que inclúa un pequeno podcast (un audio de máximo 5 minutos, podendo incluír música, entrevistas…).

As fotos xunto co texto ou código QR debedes envialo ao correo da biblioteca: bibliotecaseisdonadal@gmail.com

A data límite para o envío da túa fotografía, acompañada do seu texto/audio explicativo é o vindeiro 30 de maio.

ANIMÁDEVOS!!!

Na seguinte ligazón tedes máis información:

https://escolasnasondas.com/7o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/

10 may 2024

OLAIA SENDÓN NO SEIS

O xoves 9 de maio viu visitarnos, Olaia Sendón, profesora, escritora e cineasta galega.

Estivo co alumnado de 2º de Primaria para asinarlles o seu libro “A fotógrafa Perpetua”, co que estiveron traballando este curso.

Pero, sobre todo, viu a falarlles de fotografía, abrirlles as portas desta arte e contarlles algúns dos seus segredos ao longo da historia.

Fixeron un monográfico sobre os retratos, a súa evolución, e plantou a semente da creatividade na súa imaxinación.

Aprenderon palabras como solemnidade e como cun mesmo escenario de fondo a fotografía é capaz de captar as distintas personalidades das persoas.

Para rematar fixéronse retratos solemnes co mesmo escenario de fondo.

Moitísimas grazas Olaia!!!