A biblioteca é un espazo para imaxinar, aprender cousas novas e compartir historias, ideas e momentos.
20 sept 2026
BUSCAMOS COLABORADOR@S
18 sept 2026
PROXECTO DOCUMENTAL ANUAL
“Coia, o barrio do Seis” é o proxecto documental que desenvolveremos ao longo deste curso 2026-2027 para coñecer mellor o noso barrio e fortalecer o vínculo entre o colexio e a súa contorna.
Queremos que o alumnado descubra
e coñeza mellor o lugar no que vive: a súa historia, a cultura, as persoas, os
espazos e todo aquilo que fai de Coia un barrio único.
A través da investigación, a observación e diferentes
actividades, aprenderemos xuntos a
coñecer, valorar, coidar e mellorar a nosa contorna,
traballando tamén polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e
por un futuro máis sostible.
Queremos que este sexa un proxecto compartido, no que
escola, alumnado, familias e contorna camiñemos xuntos.
Agardamos contar coa vosa colaboración e participación nas diferentes actividades de investigación e creación que iremos propoñendo ao longo do curso!
15 sept 2026
BIBLIOTECA EN HORARIO DE TARDE
Co inicio das actividades extraescolares neste mes de setembro, retomamos tamén a apertura da biblioteca no horario de tarde co obxectivo de ofrecer un espazo de lectura, estudo e consulta.
14 sept 2026
CLUBS DE LECTURA
Se che gustan os libros, as historias e descubrir novas aventuras, o Club de Lectura é para ti.
Neste espazo poderás compartir as túas lecturas, falar sobre os teus personaxes favoritos, recomendar libros e coñecer novas historias xunto cos teus compañeiros e compañeiras.
Se estás en 5º ou 6º de Educación Primaria e queres participar nesta experiencia, agardámoste o martes 15 de setembro durante o recreo.
Nese encontro explicaremos como funciona o Club, que actividades realizaremos e como podes formar parte del. Anímate a participar e a compartir connosco o pracer de ler!
.png)





.png)
.png)