Na Radio do Seis soa "Fronteiras" de Guadi Galego, a canción que
cantaremos o 30 de xaneiro, Día da Paz.
Mostrando entradas con la etiqueta Recursos para a Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recursos para a Paz. Mostrar todas las entradas
27 ene 2024
A RADIO DO SEIS EN XANEIRO
25 ene 2021
DÍA DA PAZ: LECTURAS
“No hay camino para la paz: la paz es el camino”
Mahatma Ghandi
O vindeiro 30 de xaneiro, conmemórase o Día Escolar da Non violencia e a Paz.
Dende a biblioteca montamos un recanto con libros sobre esta temática, valores, solidariedade, amizade, sentimentos,…para levar ás aulas e traballar con eles.
24 ene 2021
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
O Día da Paz imos cantar a canción ”Campás pola Paz” de Migallas Teatro, incluida no libro-disco Pan de Millo, interpretada en lingua de signos e pictogramas polo Ceip A Gándara de Monforte.
30 ene 2020
LECTURAS PARA A PAZ
Hoxe, 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, e
queremos compartir unha serie de lecturas con esta temática que facilitan o
diálogo, a solidariedade, o respeto á diferencia, a reflexión, a
sostenibilidade,...e facer un mundo máis xusto e igualitario.
Antonio García Teijeiro. Ed. Galaxia
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos.
Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz.
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ
Jeanette Winter. Ediciones
Ekaré
De pequena, en Kenia, Wangari vive
rodeada de árbores. Cando medra, comenza unha masiva deforestación e teme que
pronto todo o bosque sexa destruido. Entón decide sembrar nove árbores e comenzar un movemento ecolóxico. Wangari Maathai recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004.
UNHA LONGA VIAXE
Daniel Hernández Chambers. Ed
Kalandraka
Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, unha obra
oportuna e necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade con
millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e en liberdade nun mundo sen fronteiras.
PEQUEÑOS GRANDES GESTOS POR LA TOLERANCIA
Francisco LLorca. Alba Editorial
Francisco LLorca. Alba Editorial
A través de historias reais veremos a importancia que ten aceptar aos demais tal e como son e que a vida é un espazo compartido con outro.
O VELEIRO VERDE
María Fumaça. Ed. Galaxia
María Fumaça. Ed. Galaxia
Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo!
A familia María Fumaça inicia unha nova
viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións
para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a
nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.
NINGUÉN COMA MIN
Ignacio Chao. Ed. Kalandraka
Os delirios de grandeza dun ditador, a
egolatría e o afán de perpetuación nunha metáfora, máis real do que parece, sobre
os abusos do poder.
20 ene 2019
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
O Día da Paz imos cantar o poema " Baile da Paz" de Carmen Gil musicado por Mamá Cabra do Libro-Cd "A bruxa Discordia".
19 ene 2019
LECTURAS PARA A PAZ
Desde
1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de xaneiro celébrase o Día
Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco en 1993.
Lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a
solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Estas son algunhas das lecturas seleccionadas que nos falan de convivencia, solidariedade, compartir, respetar,.... que están en exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro.
POR QUE?Ed. Kalandraka
Fronte
á barbarie da guerra, un libro visual que alenta os lectores a seren promotores
do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.
IMAGINE. Ed. Flamboyant
É
un álbum infantil sobre os valores da paz e a tolerancia. Coa letra da inmortal
canción de John Lennon e prólogo de Yoko Ono en colaboración con Amnistía
Internacional.
A BRUXA DISCORDIA.Ed.Galaxia.
Libro-Cd.Cancións para a Paz
Libro-Cd.Cancións para a Paz
Discordia
é unha bruxa que é feliz destruíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os
humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Con todo un día vai acontecer algo que
cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre...
O
LAPIS MÁXICO DE MALALA.Ed.Xerais
Malala, como o
personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría
feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para
durmir unha hora máis pola mañá... Pero nun momento dado caeu na conta de que
había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e
quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía
traballar arreo para facer realidade os seus desexos.Este volume, fermosamente
ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como
se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.
Malia
os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado
dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as
bombas, é unha mensaxe de esperanza.
22 ene 2018
LECTURAS E RECURSOS PARA A PAZ
Para conmemorar o Día da Paz, o 30 de xaneiro,
fixemos unha selección de lecturas sobre
esta temática que están expostas na biblioteca e no vestíbulo do centro.
Nas seguintes ligazóns atoparedes moitos recursos para traballar o tema
(preme nas imaxes)
Recompilación do Ceip Víctor Sáenz
Recompilación de Ana Martínez
17 ene 2018
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
Esta é a canción que cantaremos o vindeiro 30 de xaneiro polo Día da Paz.
Girasoles de Rozalén
Era
necesario respirar
para mirar alrededor, paseo por La Habana y un café frente al Malecón. Comienzan los recuerdos, las espinas afloran en mi interior, todo lo que no se atiende, tarde o temprano, reaparece. Pero nos miramos, vaya año pasamos, a ver si remontamos sin dedicarle más tiempo y el mundo está lleno de mujeres y hombres buenos. Así que le canto a los valientes que llevan por bandera la verdad, a quienes son capaces de sentirse en la piel de los demás. Los que no participan de las injusticias, no miran a otro lado, los que no se acomodan y los que riegan siempre su raíz.
A
ti, mi compañero, que me tiendes la mano,
que es tu corazón bondad, me estudias con curiosidad, me miras con respeto y besas con cariño cada parte de mi cuerpo. Tienes en los ojos girasoles, y cuando me miras soy la estrella que más brilla. Cuando ríes se ilumina todo el techo, ya duermo tranquila, siento tanta calma dentro. Y, tienes en los ojos girasoles, y cuando me miras soy la estrella que más brilla. Cuando ríes se ilumina todo el techo, ya duermo tranquila, siento tanta calma dentro. Es necesario revivir para poder saborear, encajo las ideas, reflexión para mejorar. |
Antes de un gran impulso
doy un paso pequeñito para atrás. Todo lo que no atendí vuelve siempre a resurgir.
Pero sonreímos, vaya si vivimos
todo lo que aprendimos, no le dedicaré más tiempo, pues, el mundo está lleno de mujeres y hombres buenos.
Así
que le canto a los coherentes,
a los humildes que buscan la paz, a los seres sensibles que cuidan de otros seres y saben amar. A todos los que luchan por nuestros derechos, miran a todo hombre igual, a quienes no me juzguen y quien esté dispuesto a compartir. A ti, mi compañero, que tienes alma pura, que es tu corazón bondad, respetas mi espacio vital, me escuchas bien atento y besas con cariño cada parte de mi cuerpo. Tienes en los ojos girasoles, y cuando me miras soy la estrella que más brilla. Cuando ríes se ilumina todo el techo, ya duermo tranquila, siento tanta calma dentro. Y, tienes en los ojos girasoles, y cuando me miras soy la estrella que más brilla. Cuando ríes se ilumina todo el techo, ya duermo tranquila, siento tanta calma dentro. “El progreso de la condición humana requiere, inapelablemente, que exista gente que se sienta, en el fondo feliz, en gastar su vida al servicio del progreso humano”. |
23 ene 2017
ILUSTRAR UNHA CANCIÓN PARA A PAZ
Para
conmemorar o Día da Paz e o Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, propoñemos Ilustrar unha canción para a Paz .
Para facer
as vosas obras artísticas podedes empregar diferentes materiais , texturas, collage,....
Con todas elas montaremos unha exposición no vestíbulo do centro.
A canción é "Beixo, abrazo e apreixón" do libro-cd "A bruxa Discordia" , Cancións
para a Paz, de Mamá Cabra e Carmen Gil.
"Damos con esta canción
abrazos sen ton nin son.
E repartimos montóns
de beixos e de apreixóns.
Esta é a
ligazón para escoitala
24 ene 2016
RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ
Como cada ano, dende 1964, o vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi.
O obxectivo deste día é resaltar a
importancia da educación para fomentar valores como a tolerancia, a
solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e
a paz.
Esta semana xa escomenzamos
a traballar na realización de diversas actividades que terán como punto final
un acto o venres 29 para conmemorar esta data.
No symbaloo de Belén
Junquera atoparedes diferentes recursos (unidades didácticas, xogos, contos, ....)
para traballar o tema.
Máis recursos na seguinte
ligazón
22 ene 2015
CANCIÓN PARA A PAZ
Esta é a canción que
cantaremos o Día da Paz :
"Por qué no ser amigos" de
El Canto del Loco y Hombres G
El Canto del Loco y Hombres G
Tamén
escoitaremos Imagine Instrumental
de John Lennon
de John Lennon
20 ene 2015
RECURSOS PARA A PAZ
O
30 de xaneiro celebramos o Día escolar pola Paz e non violencia .Pretende promover
a reflexión sobre a educación para a tolerancia,a solidariedade,o respeto aos
dereitos humanos,a non violencia e a paz.

Nas
seguintes ligazóns atoparedes información, actividades, recursos e materiais
diversos para traballar o tema nas aulas.
Seminario Galego de Educación pola Paz
Recompilación da
Biblioteca "O Recanto de Mik"
Web de Norberto
Recompilación da
"Biblioteca Víctor Sáenz"
Palabras Amigas
Recompilación da
Biblioteca "Outeiro de Matilda"
Actiludis
Doslourdes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































