19 feb 2017

MANDADIÑOS DO MECO

"Aquí o noso Meco
un home viaxeiro
todo emocionado 
de ver o mundo enteiro"
Neste Entroido emocionante e viaxeiro imos ver que manda o Meco




18 feb 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O 14 de febreiro recibimos a Ledicia Costas. Tivo un encontro co Club de lectura,16 alumnos/as de 6º de primaria: tocaba posta en común coa súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Preparamos especialmente a súa visita: unha das alumnas caracterizouse como Escarlatina, outros fixeron debuxos dos personaxes, outros prepararon algunhas receitas do seu libro,..
E conseguimos sorprendela, pois nada máis ver a caracterizada de Escarlatina quixo fotografarse con ela.

O encontro tivo lugar na sala Rosalía, onde a agardaban as receitas elaboradas polos membros do club de lectura.
Descubrimos moitos dos seus segredos: que lle fascina a temática relacionada coa morte, que é moi larpeira, que escribe dende os trece anos,.....contounos anécdotas e poidemos facerlle todas aquelas preguntas sobre os personaxes, as ilustracións,...que levabamos preparadas.

Anticipounos que xa está traballando no seu próximo libro que terá que ver cunha tradición nosa ,o samaín.
Houbo tempo tamén para asinar no libro de visitas do centro e nos exemplares de Escarlatina e Esmeraldina.

E, coma sempre que nos visita, soubonos a pouco.

Moitas grazas Ledicia por compartir connosco o teu tempo e achegarnos a túa experiencia literaria. Ata a próxima!!


16 feb 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2017

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Alén do acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.
En Vigo
Programa de actividades
Para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra.

Para Educación Infantil e Primaria a AELG propón que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Posteriormente faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe.

Fonte: AELG

14 feb 2017

LIBROS NOVOS

Estas son as novidades deste mes de febreiro que están en exposición na biblioteca e que xa podedes levar en préstamo para as vosas casas.
Agardamos que vos gusten!!!!


13 feb 2017

DÍA DA PAZ 2017

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz co lema 
"Tod@s baixo o mesmo sol"
Ao longo desa semana desenvolvemos actividades relacionadas co tema con lecturas, cancións, escribimos a palabra paz en varios idiomas,  debuxos, mensaxes, ... traballando valores como a amizade, solidariedade, respeto, compromiso, axuda, convivencia, ...e recordando a necesidade da Paz no mundo.
Ilustramos a canción "Beixo, abrazo e apreixón" de Mama Cabra.
Con camisetas brancas e calcetíns pintados coas cores do arco da vella  xuntámonos  no pavillón  para cantar  "El mismo sol".
Entre todos/todas  montamos un mural en forma de sol cos nosos sorrisos.

30 ene 2017

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017

O día 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, celébrase o Día da Ilustración.

As bibliotecas públicas galegas organizan diversas actividades: obradoiros de cómic e ilustración, exposicións, mostras bibliográficas,...
(Preme na imaxe para acceder á programación)
Este ano, como novidade, iníciase unha serie de homenaxes a autores históricos galegos que comeza co debuxante, caricaturista e humorista gráfico Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956).

A AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) elaborou un vídeo para a difusión da  súa vida e obra.

29 ene 2017

LECTURAS E CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

O equipo de biblioteca fixo unha selección de lecturas  sobre a solidariedade, a  amizade, personaxes que loitaron pola paz no mundo, de valores, .... para conmemorar o Día Escolar da Paz e non violencia.



Esta é a canción que nos acompañará mañá 30 de xaneiro na nosa celebración.

23 ene 2017

ILUSTRAR UNHA CANCIÓN PARA A PAZ

Para conmemorar o Día da Paz e o Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, propoñemos  Ilustrar unha canción para a Paz .

Para facer as vosas obras artísticas podedes empregar diferentes materiais , texturas, collage,....

Con todas elas montaremos unha exposición no vestíbulo do centro.


A canción é  "Beixo, abrazo e apreixón"  do libro-cd "A bruxa Discordia" , Cancións para a Paz, de Mamá Cabra e Carmen Gil.

"Damos con esta canción
  abrazos sen ton nin son.
E repartimos montóns
   de beixos e de apreixóns.

Esta é a ligazón para escoitala

18 ene 2017

NOVIDADES

Estos son as novidades deste mes que xa temos na biblioteca  e que agardan por vós!! 
Seguro que atoparedes algunha do voso gusto.




8 ene 2017

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2017

A Secretaría Xeral de Cultura difunde o novo Calendario do ano 2017 coas datas máis salientables en torno ao libro e á lectura.
A ilustración é de Tania Solla.