Hoxe 14 de novembro, as clases de 4º de Primaria asistiron a un evento moi especial: a entrega de premios do 8º Certame de fotografía "As imaxes do patrimonio" Inmaterial Galego-Portugués, convocado pola Asociación cultural e pedagóxica Ponte...nas ondas!.
A gala tivo lugar no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo.
O noso centro
participou neste certame con varias imaxes, proporcionadas polas familias da nosa comunidade
educativa.
Na categoría de Ensino Primario,
recibimos un accésit coa imaxe “Día da labranza”, de Diego Mingotes.
Lingua, danza e música uniron a escolas galegas e portuguesas na gran festa do Día Internacional do Patrimonio.
Esta iniciativa é unha fermosa maneira de preservar a riqueza do noso patrimonio, transmitindo historias, coñecementos e tradicións ás novas xeracións. As familias xogan un papel fundamental para manter viva a nosa identidade e cultura. Queremos agradecer a colaboración das familias!!!
Tedes máis información de como foi a xornada (vídeos e fotos) na seguinte ligazón

.png)

No hay comentarios:
Publicar un comentario