30 nov 2023

CULTURGAL 2023

Culturgal, a Feira das Culturas Galegas de Galicia, celebra a súa 16ª edición no Pazo da Cultura de Pontevedra do 1 ao 3 de decembro.

Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións.

O programa conta con diversas actividades: novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música, videoxogos e outras iniciativas vinculadas ao mundo da arte.

Ligazón ao Programa


29 nov 2023

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

voluntariado da Biblioteca preparou dúas lecturas para contar ao alumnado de Educación Infantil con motivo da conmemoración do 25NGrazas polo voso traballo!!!

Os libros seleccionados foron

Las chicas pueden con todo, Ed. Bruño

Un libro para todas as chicas decididas a cumplir os seus soños.

Niñas y niños feministas. Ed. Nubeocho

Ás nenas e nenos feministas gústanlles todas as cores, levan o pelo o tempo que queiran e elixen os seus xoguetes. A todos lles encanta xogar e mostrar as súas emocións. Pero, sobre todo, non queren que haxa “cousas de nena” e “cousas de neno”.

28 nov 2023

A HORA DO CÓDIGO

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares durante este mes de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, participou nun obradoiro de robótica inspirado na Hora do Código.

 

Nesta actividade a rapazada tivo a oportunidade de programar un pequeno videoxogo por niveis de forma moi intuitiva e con pequenas axudas, iniciándose así en conceptos básicos da ciencia da computación.


27 nov 2023

25N NO SEIS DO NADAL

“Nos medios de comunicación, a igualdade é única opción” foi o lema que centrou as actividades e o acto colectivo que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Selección de lecturas que tivemos en exposición para ler, pensar e reflexionar.

Xa na pista e cos nosos petos violetas formamos círculos bailando e cantando a canción "Tribo" de A banda da Loba, co retrouso en lingua de signos.

Cada clase decorou as letras do lema con símbolos relacionados coa igualdade (mans, lazos…) que se colocaron no exterior do centro.

As aulas representaron a nivel gráfico a igualdade na fotografía, no cine… seguindo o Proxecto Documental deste curso.

A Comunidade Educativa do Seis berramos NON a violencia machista!!!


26 nov 2023

PROGRAMA DE RADIO "25N"

Xa está aquí un novo programa da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.

Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 6ºA, que nos falarán do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Desfrutade desta nova entrega!!!

23 nov 2023

DÍA DOS INVENTORES E INVENTORAS

O 9 de novembro celébrase o Día dos inventores e inventoras e como ademais coincide co mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, nos talleres de robótica os alumnos e alumnas de 6º tiveron que mergullarse na pel dos enxeñeiros/as para deseñar unha mascota robótica que contribuíse á sociedade ou ao coidado do Planeta, favorecendo así o desenvolvemento dos Obxectivos da Axenda 2030.

Os futuros enxeñeiros e enxeñeiras deseñaron robots que limpan ecosistemas, dan de comer aos pobres, purifican auga, melloran a educación...



Quen sabe se nuns anos son capaces de facelos realidade!

22 nov 2023

RETO "OSEISMEDIA"

Xa están aquí os Retos da Biblioteca. Actividade de procura documental que nos permite traballar o proxecto anual e tamén os Obxectivos ODS da Axenda 2030.

Este primeiro reto ten que ver co Consumo Responsable.

Os recursos cos que conta o planeta son escasos e por iso é importante facer un uso responsable dos mesmos para garantir ás novas xeracións un mundo mellor e máis xusto.

O consumo responsable baséase en dúas máximas: consumir menos e o que consumamos sexa o máis sostible e solidario posible.

Propoñemos facer un anuncio sobre algún produto que sexa respetuoso co consumo responsable.

Podes facelo no formato audiovisual que queiras: unha cuña de radio (só voz), un cartel publicitario, un anuncio para televisión…

Os traballos que fagades podedes entregalos na biblioteca ou envialos ao noso correo:

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Agardamos as vosas respostas!!!

20 nov 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO

O venres 17 de novembro celebramos o Magosto no Seis. Desfrutamos dunha maña de xogos populares e as familias aportaron as castañas que asamos e degustamos. E coma sempre, a música acompañou esta xornada festiva e divertida!!!


19 nov 2023

PROGRAMA DE RADIO "O MAGOSTO"

Continuamos cos programas da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.

Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 6ºB, que nos falarán da festa do Magosto.

Desfrutade desta nova entrega!!!


15 nov 2023

VOLUNTARIADO 23-24

Voluntariado deste curso, alumnado de 6º de Primaria, que realizarán actividades de xestión e dinamización na biblioteca no tempo de lecer (recreos). Pezas importantes da nosa biblioteca.

Grazas polo voso traballo!!!