Como en anos
anteriores, cada 2 de abril, aniversario do nacemento do
escritor danés Hans Christian Andersen, conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar a
boa literatura infantil e xuvenil.
Eslovenia é a sección
encargada de elaborar a mensaxe de Peter Svetinai e o cartel de Damijan Stepancic : FAME DE
PALABRAS.
…”As
palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento para o corpo,
porque ninguén podería encher o estómago con elas. Son alimento para o espírito
e para a alma….”
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.
-Mensaxe e cartel en galego.
-Día do Libro Infantil - OEPLI
-Concurso Gálix "Un poema na túa voz" (Remata o prazo o 10 de abril) no que convida a
participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos gravando un poema
en galego e mandando a gravación á galix@galix.org
Este ano 2020 celebramos o
centenario do nacemento de Gianni Rodari, e neste artigo recollen ideas, reflexións e consellos para
inventar historias.
FONTES: BIBLIOTECAS ESCOLARES E GÁLIX