31 mar 2020

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como en anos anteriores, cada 2 de abril, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar a boa literatura infantil e xuvenil.
Eslovenia é a sección encargada de elaborar a mensaxe de Peter Svetinai e o cartel de  Damijan Stepancic : FAME DE PALABRAS.

…”As palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento para o corpo, porque ninguén podería encher o estómago con elas. Son alimento para o espírito e para a alma….”

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville

-Mensaxe e cartel en galego. 
-Día do Libro Infantil - OEPLI
-Concurso Gálix "Un poema na túa voz" (Remata o prazo o 10 de abril) no que convida a participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos gravando un poema en galego e mandando a gravación á galix@galix.org
-Revista Babar: Día do Libro Infantil 2020: Inventando historias con Rodari. 
Este ano 2020 celebramos o centenario do nacemento de Gianni Rodari, e neste artigo recollen ideas, reflexións e consellos para inventar historias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario