O tema da edición de 2020
é O HUMOR, como actitude positiva, esperanzada, crítica e, sobre todo,
intelixente cara á vida. Humor enxenoso, ás veces macabro, negro, inocente, atrevido,
combativo, retranqueiro, atrevido, belixerante , humor gráfico, poético, lírico,
metafísico, literario, literal ou figurado,…
Hai máis de 300 propostas
para todos os públicos, dende exposicións, contacontos, obradoiros, teatro,
espectáculos musicais, …
Os autor@s homenaxead@s deste ano: a escritora Helena Villar
Janeiro, pioneira da LIX galega, toda unha vida dedicada ao ensino e á creación
literaria, abrindo e explorando camiños día a día, e o ilustrador Kiko da Silva, pioneiro e impulsor
da BD galega, loitador infatigable en visibilizar e dignificar a profesión da
ilustración, e moi especial para o Salón xa que foi quen, dúas décadas atrás,
deseñou a nosa mascota ORBIL, o lobo lector.
Todo o Programa aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario