O 18 de febreiro, o alumnado de sexto
recibiu a visita da escritora Rosa Aneiros que compartiu con eles unha sesión
para falar do libro “Xelís, o guieiro das botellas de mar”, que estiveron
traballando durante este segundo trimestre.
Esta historia foi gañadora do Premio
Merlín de Literatura Infantil 2019 e o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor
Libro infantil do 2019.
Xelís, o protagonista terá que lidiar
con guieiros da tormenta, ondas, o vento,... e atrapar a illa de plásticos e evitar
a desfeita ecolóxica do planeta.
A autora quere transmitir a necesidade
de loitar por facer un mundo millor sin contaminación, a necesidade de reciclar
e coidar o medio ambente.
Contounos un montón de cousas e
respondeu ás preguntas que lle fixeron. Rematou asinando un por un os libros
do alumnado cunha dedicatoria persoal e tamén o exemplar da biblioteca. Grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario