O xoves 12 de abril contamos coa presenza da escritora, Teresa González Costa
que veu falar do seu libro “Fred Quincalla, o nómade do mar” aos rapaces e
rapazas de cuarto.
Na sala onde tivo lugar o encontro espuxéronse varios murais adicados á vida e obra da
novelista.
A continuación os alumnos/as levaron a
cabo a presentación da mesma, facendo fincapé na súa condición de muller
galega, novelista, autora teatral, guionista radiofónica, actriz e filóloga
entre outros.
Explicounos de xeito cercano e con
entusiasmo como a súa inspiración en parte procedeu do mar, xa que foi o mar o
que depositou aos seus pés un anaco de madeira de barco e tamén do alpendre do
seu fogar no Grove cheo de ferramentas
coma parafusos enferruxados, que lle deron nome ao seu protagonista
“Quincalla”.
Emocionounos contando anécdotas da súa
infancia. Unha das máis salientables foi a de como un inesperado premio nun
concurso de relatos do colexio, que recibiu sendo unha nena tímida, marcou o
camiño dunha vida, xa que lle conferiu motivación e confianza en que ela era quen
de contar historias que o resto do mundo disfruta.
Despois de forma orixinal deixou un
toque de improvisación ao resto do discurso deixando que a súa audiencia
participase facéndolle preguntas. Cuestións moi interesantes que non dubidou en
respostar sen excepción. Agora xa sabemos que lle encantan os lagartos, que
naceu un dous de setembro, que dúas das cousas que máis lle gustan no mundo son
escribir e ler e que o máis importante para escribir ben é ter paciencia e
sobre todo observar. Observalo todo.
Por último tivo lugar a sinatura de
libros e co desexo de que volte algún día a presentar unha nova historia de
Leopolda Diéguez.Grazas Teresa!!