O escritor, poeta e editor Fran Alonso,
foi quen cedeu un texto para esta
pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos
efectos da lectura.
O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor , desde a súa declaración
pola UNESCO en 1995,
aglutina moitas vontades, como a da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay quen,
na súa mensaxe para
este ano 2018 afirma:
"O libro
constitúe o punto de encontro das liberdades humanas máis importantes, entre as
que destacan en primeiro lugar a liberdade de expresión e a liberdade de
edición. Trátase de liberdades fráxiles"...
"Celebremos xuntos o
libro, que encarna a creatividade, permite intercambiar ideas e coñecementos
trascendendo as fronteiras e fortalece o entendemento mútuo e o diálogo"...
Cada ano, a UNESCO
e as tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro elixen unha capital mundial do libro comenzando o mandato cada 23 de abril. Este ano a elexida é Atenas.
Se queres saber máis información sobre o Día do Libro investiga na seguinte ligazón:
Canción "O Libro Máxico" de Migallas en pictogramas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario