Tiñamos preparadas algunhas sorpresas como foi un libro que
lle fixemos con debuxos de Rubicundo, tamén a presentamos con moito agarimo.
Despois a través de preguntas que lle realizamos foinos
contando como se inspirou para escribir o libro, como chegou a ser Nuria Díaz a
ilustradora do libro, como se lle ocorreu esa profesión tan sorprendente para
Rubicundo,...
Encantounos tanto o libro que lle pedimos unha segunda parte,
non nos deixou moi claro se a imos ter pero si nos dixo que noutros libros dela
como en "A cazadora de estrelas" podemos atopar de onde saca
Rubicundo o po de estrelas, polo que temos moitas ganas de seguir lendo todos
os seus libros.
Por último tivo lugar a sinatura dos libros repartíndonos
bicos de estrela a todos os nenos e nenas.
Grazas María!! Xa estamos desexando o teu regreso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario