30 abr 2022

ENCONTRO INTERXENERACIONAL

O xoves 28 de abril, usuarios e usuarias do Centro de Día Atendo, achegaronse a nosa biblioteca para ler un conto ao alumnado de educación infantil de cinco anos: ¿Quién es Parky? (Explicar a enfermidade do parkinson a un neno/nena).

Despois saimos ao patio e xogamos ao xogo da rá. Canto disfrutamos  e que ben o pasamos!!!

Posteriormente, o voluntariado da biblioteca contoulles o conto: “A escaleira”(Ed. OQO) que fixo a ledicia dos alí presentes.Tamén lles fixemos entrega dun lote de libros para a súa biblioteca e marcapáxinas como agasallo polo mes dos libros.

Foi unha experiencia moi enriquecedora establecendo un vínculo emocional entre ambas xeracións e punto de partida para moitos máis encontros.

Moitas grazas pola visita!!!

Esta actividade enmárcase dentro da Semana da Solidariedade Interxeneracional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario