Nesta semana das Letras Galegas, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas, que compartiu co alumnado dúas sesións para falar dos seus libros.
Primeiro
foi o turno de 4ºA, que leron “Vampira de biblioteca”, ilustrado po Victor
Rivas, Ed. Xerais. Contounos o moito que lle gusta o mundo dos vampiros, bruxas,
mortos,…
Eleonora, unha vampira que papa os
insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vive.
Unha
segunda sesión con 6ºA, leron “ A Señorita Bubble. Baixo cero”, ilustrado por Andrés Meixide. Ed.
Xerais.
Abrígate ben e prepárate para
vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un
poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro.
Un
encontro moi ameno no que houbo momentos para as preguntas, contounos anécdotas
moi divertidas, en que se inspira para escribir os seus libros, falounos do
mundo maxico da lectura, dos protagonistas das súas historias,….
Rematou
asinando nos nosos exemplares e no libro de lembranzas.
Grazas
Ledicia!! Un pracer contar contigo unha vez máis!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario