Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
"LER É UN AGASALLO SEN CANCELAS"
Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario