O 20 de abril visitounos a escritora Érica Esmorís. O alumnado de 3ºB leu o seu libro Patio de luces, Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga 2020 e ilustrado por Juan Berrio, da Editorial Xerais.
Humor, emoción e aventura nesta historia onde o extraordinario habita nun edificio de cinco andares.
Adicámoslle
unhas palabras de benvida e ela contounos como foi a súa inspiración para
escribir o libro.
Despois propúxonos un divertido xogo de adiviñar relacionado co libro. Puidemos plantexarlle moitas preguntas sobre a súa profesión e a súa obra.
Fixémoslle entrega dun agasallo e asinou os nosos exemplares e no libro de visitas.
Grazas
Érica!!! Agardamos que volvas outra vez e seguir lendo os teus libros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario