Hoxe,
25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller, é unha xornada de denuncia ante a permanente violencia que se exerce
sobre as mulleres en todo o mundo e tamén de sensibilizar e concienciar a toda a sociedade na necesidade de
educar en igualdade, fomentando os valores de respecto e tolerancia.
Dende
a biblioteca fixemos unha selección de Lecturas para a igualdade que están
expostas na entrada do centro e na biblioteca.
Antes
do recreo fixemos un acto colectivo co
lema “Cambiemos o mundo… cheas de
vidas”.
Concentrámonos no pavillon , colocándonos por cursos e formamos un lazo
violeta xa que todos e todas viñemos cunha camiseta desa cor.
Todas e todos xuntos cantamos “Chea de vida“ de Guadi Galego en lingua de signos. Rematamos
levantando unhas cartulinas violetas.
Previamente
decoramos as escaleiras con varias palabras da canción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario