O Día Internacional dos dereitos dos nenos e nenas,
celébrase todos os anos o 20 de novembro. É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre
todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis
desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas
da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Este 20 de novembro o Día da
Infancia coincide coa celebración
do 30 cumpreanos da Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas.
A Convención dos Dereitos dos nenos e nenas establece unha
serie de dereitos, incluidos os relativos á vida, á saúde, á educación, e o
dereito a xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser
discriminados e a que se escoiten as súas opinións.
Nas seguintes ligazóns podedes
atopar Recursos
(preme nas imaxes)
Unicef
Rayuela
Plataforma de Infancia
Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
No hay comentarios:
Publicar un comentario