O
20 de novembro, contamos coa presenza de varias usuarias
e usuarios do Centro de Día Atendo.
Compartiron
unha maravillosa experiencia co alumnado de educación infantil de catro anos
e de segundo de primaria. As rimas
populares foron o elemento motivador que nos permitiu que todos e todas
poideramos desfrutar destos momentos
máxicos.
Este
encontro interxeracional enmárcase dentro da actividade que desenvolvemos neste
mes de novembro da Tradición oral, tan importante é necesaria para achegarnos
aos contos, lendas,… que os nosos antergos foron transmitindo de xeración en
xeración e que forman parte do noso patrimonio inmaterial.
Para darlles as grazas entregámoslles unhas tarxetas e unha flor que fixemos entre todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario