30 abr 2015

XA CHEGOU O MAIO!!!

Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "MAIO", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolíticomomento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.
Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.
"Ai ven o maio
de frores cuberto
puxéronse a porta
cantándome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros........"

(Luis Emilio Batallán)
Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.
En Galicia hai varias Manifestacións:

Agrarias,pecuarias,mariñeiras,lúdicas,amorosas,cristiás,..

Máis información:
LIM

OS MAIOS EN VIGO
A Asociación veciñal O Casco Vello organiza a Festa dos Maios o vindeiro domingo 10,preme na imaxe para ver o programa.

28 abr 2015

VISITA DE DANIEL VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS

O luns 27 recibimos a Daniel Viéitez  e Iria Iglesias,
escritor@s e ilustrador@s  que presentaron os seus libros
e explicaron o proceso de creación dos  contos:
as ideas,os textos,os debuxos,a ilustración,....
Remataron debuxando  ao protagonista das historias  despois de respostar  ás diversas preguntas que lle fixeron os nenos e nenas de terceiro sobre o seu traballo.
Iria e Dani trouxeron para a biblioteca os tres libros da colección e un debuxo do raposo Rufo .Moitas grazas!!!!
 Nós fixémoslle entrega dun agasallo.
Son autores da colección O Raposo Rufo,
de Edicións Embora.
Rufo é un peculiar raposo que vive na fraga rodeado de amigos,co que aprenderemos e viviremos  aventuras divertidas e cheas de valores.Cada libro contén unha unidade  didáctica relacionado co contido do conto.
Na súa páxina web poderedes seguir as súas aventuras con xogos,pasatempos,….
Agardamos máis aventuras de Rufo!!!!

27 abr 2015

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO NO SEIS

A semana pasada recibimos a visita do ilustrador e debuxante Jacobo Fernández Serrano
O luns estivo co alumnado de primeiro para falar do seu libro
 “A gardería de dona Bixelmina”
E o venres foi co alumnado de 2º para falar de  Marcopola:
 "Os piratas da lúa" e "Dragoneta"
Falounos dos seus libros ,das ilustracións e do proceso creativo e debuxou os distintos personaxes que aparecen nos seus  libro e nos cómics.

Chamoulle moito a atención a Dragoneta que fixemos!Quedounos moi chuli!!!!
Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas,rematou asinando nos libros do alumnado e no libro de lembranzas.
Todos estaban entusiasmados  e ilusionados !!!!!
Entregámoslle un agasallo e deixounos varios debuxos para a biblioteca.
Grazas Jacobo!!!
Agardamos máis aventuras de Marcopola!!!
Máis información sobre Jacobo na seguinte ligazón:

26 abr 2015

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

O  mércores 22 de abril recibimos a visita do ilustrador e debuxante Abraham Carreiro para compartir co alumnado de sexto un obradoiro de animación sobre o libro que estiveron traballando "Estudios Tex,o mundo dos debuxos animados".
Os Estudios Tex son o escenario onde trascorren as aventuras dos protagonistas deste libro e que trata de achegar aos nenos e nenas ao mundo da animación a través dunha historia divertida e de suspense.

Nun papel blanco escomenzou a debuxar distintos personaxes do libro cunha rapidez  que deixounos  impresionados.
Posteriormente foi  explicando como debuxar distintos tipos de rostros e personaxes (malos,bos,durmidos,enfadados,…)
Máis tarde tocounos debuxar  un personaxe a cada un de nós.
Chegou o turno de facerlle as preguntas sobre o libro e para rematar fixémoslle entrega dun agasallo e asinou nos libros dos alumnos/as e no libro de lembranzas.Grazas!!!!

25 abr 2015

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

Como xa ven sendo tradición no noso cole,o 23 de Abril, facemos a experiencia Libros ao patio e Apadriñamentos Lectores, actividade moi fermosa e emocionante, na que a maxia da lectura inunda todos os espazos e a todas as persoas que participamos nesta xornada tan especial.
Grandes e pequenos agardábamos o Día do Libro para compartir esas lecturas que foron preparadas con moito cariño e ilusión.
Cada neno/nena de 3º,4º,5 e 6º  apadriñou/amadriñou  a un/unha de educación infantil,1º e 2º. Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo de biblioteca.
Despois do recreo, as madriñas e os padriños foron recoller aos afillados e afilladas as súas aulas e tod@s fomos saíndo ao patio de terra.
Primeiro fixemos unha lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.
Cando foi a hora de empezar a ler, escomenzou unha música moi suave que acompañounos  nas nosas lecturas, escoitando atentamente as historias preparadas nas que a imaxinación e as verbas fixeron a ledicia de todas e todos os que participamos nesta festa da lectura.
Rematamos o acto coa entrega dos diplomas e agasallos  ás máis lectoras/es.
Logo regresamos ás clases e as afilladas e afillados agasallaron ás súas madriñas e padriños cun marcapáxinasque representaban os distintos personaxes de cómic de cada aula.
Estas son as imaxes da xornada 

24 abr 2015

O CLUB DE LECTURA RECOMENDA

Esta semana os membros do Club de Lectura reunímonos para recomendar as nosas lecturas preferidas.


Nesta ocasión, Marina, trouxo unhas madalenas riquísimas para endulzar esos momentos tan especiais.


22 abr 2015

ANXO MOURE NO SEIS

O luns 20 de abril ,ANXO MOURE chegou no seu nubinete cargado de contos e historias que falan de xacias,de lobos,de árbores, de paraugas,......que respetan e coidan o medio ambente,a natureza,... e alimentan a nosa imaxinación .

O primeiro que fixo foi coller o noso paraugas dameaugas que decoramos despois de traballar o conto nas aulas.

«Dáme augas, dáme augas.
Co cantar das túas bágoas
enche ríos enche fontes
cando esvares polos montes»
Grandes e pequenos pasamos unhas sesións moi divertidas e entre historia e historia,acompañamos a Anxo con sons, repeticións, cariciñas,rimos,.....poesía e sentimentos.Grazas !!

Anxo Moure é autor dos libros:"O Carballo con botas",a"A Xacia Luviñas" e "O paraugas dameaugas".


Todos os seus contos forman parte do proxecto
Contos solidarios .

.

Presentación en imaxes da xornada


20 abr 2015

RECURSOS DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril,celebramos o Día mundial do Libro , data  na que coincidiron  en 1616 os falecementos de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso da Vega.

Pero ademáis este ano cúmplense 400 anos da publicación da segunda parte de Don Quixote , a primeira gran novela da historia.

A biblioteca únese a esta celebración cunha exposición sobre o Quixote .

O Quixote en cómic
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/comic.html
O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor , desde a súa declaración pola UNESCO en 1995, aglutina moitas vontades, como a da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova  quen, na súa mensaxe para este ano 2015 afirma:

"O Día Mundial do Libro e dos  Dereitos de Autor ofrece a oportunidade de recoñecer o poder dos libros para millorar as nosas  vidas e de promover os libros e os que os producen.....

 Os libros constitúen plataformas inestimables para a liberdade  de expresión e  a libre circulación da información, que hoxe  en día son fundamentais para todas as sociedades...... »

Máis información na páxina da Unesco

Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos para traballar o tema nas aulas:

Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz


Día del libro


Recompilación da Biblioteca Outeiro de Matilda

19 abr 2015

ANXO FARIÑA E OS MEGATOXOS

O xoves 16 de abril recibimos ao escritor e ilustrador ANXO FARIÑA que compartiu co alumnado de 5º unha sesión para falar do seu libro  
"Os Megatoxos e o dragón de Xade".
Escomenzou cunha presentación  sobre o libro, as ilustracións, como elaborou os personaxes, falando de Xapón, o  país no que esta ambientada esta nova entrega dos Megatoxos.
A continuación chegou o turno para facer preguntas sobre o libro e rematou  deleitándonos con dous debuxos: un de Faísca e outro dunha alumna caracterizada.
Todos quedamos impresionados!!!
Entregámoslle un agasallo,asinou nos libros do alumnado e no libro de lembranzas.
Grazas Anxo!!!

Máis información no blog Os Megatoxos
http://megatoxos.blogspot.com.es/

18 abr 2015

"EN ABRIL,CÓMICS MIL"

Seguindo o proxecto anual, para este mes dos libros e da lectura,o lema elexido é
                "EN ABRIL,CÓMICS MIL"
Son moitas as actividades que temos programadas e que xa escomenzaron. Agardamos que disfrutedes con elas!!




23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO

Libros ao patio e  apadriñamentos  e  amadriñamentos  lectores.

Durante esta semana  os alumnos/as de 2º e 3º ciclo estiveron  preparando as lecturas que compartirán cos seus compañeiros/as máis pequenos e nos primeros días desta  irán coñecer aos seus afillados/as.Todos,grandes e pequenos agardan por ese día con moita ilusión e expectación.

Lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.


Agasallo de marcapáxinas  e entrega de diplomas aos máis lector@s.

CONTACONTOS

Anxo Moure,para Edº infantil,20 de Abril

ENCONTRO CON ESCRITORAS

Fina Casalderrey,para 4º, 30 de Abril
Amalia Pérez Otero,para 3º,4º e 5º,9 de Abril

ENCONTRO CON ILUSTRADORES/AS

Anxo Fariña,para 5º,16 de abril
Jacobo Fernández Serrano,para 1º e 2º, 20 e 24 de abril
Abraham Carreiro,para 6º,22 de abril
Iria Iglesias e Daniel Viéitez para 3º,27 de abril.

SELFIE CO TEU CÓMIC FAVORITO!!!

Con Mortadelo ou con Filemón.
Con Zipi ou con Zape.
Con Calvin ou con Hobbes.
Elixe a túa personaxe favorita
ponte ben guap@,
colle un cómic e....
Selfie para o cole!!!!!

CÓMIC E ARTE

Decora unha onomatopea con diversas técnicas e empregando diferentes materiais.

EXPOSICIÓNS

Libros que falan de libros,Os libros máis lidos,diversos traballos sobre os libros lidos ao longo do curso,cadernos viaxeiros das mochilas,libros colectivos,...

DECORACIÓN DA ENTRADA

Pingas feitas de cómics,debuxos de personaxes  de cómic chovendo e lendo,viñetas sobre os libros,..

FRASES SOBRE OS LIBROS E 
 A LECTURA E CÓMIC

Debuxa un personaxe de cómic co que te identifiques e escríbelle no bocadillo unha frase sobre os libros e a lectura e logo entrégao na biblio para montar unha exposición.


AS FAMILIAS CONTAN

Ao longo dos meses de abril e maio, nos recreos contacontos a cargo das familias (pai,nai,avós,...)

O CLUB DE LECTURA RECOMENDA

Na  xuntanza  desta semana,os membros do club  compartirán as súas lecturas preferidas e as recomendarán.

LIBERAMOS CÓMICS!!!!

Dende a biblioteca liberamos cómics que estarán entre nós ata o vindeiro  mes de xuño.

Recoñecerás estes cómics polo distintivo da portada,unha nota cun aviso de que non é un cómic perdido.Si o atopas,podes collelo,lelo e volver a liberalo para que o atope outra persoa.

Poderás  ter o cómic no teu poder o tempo que precises,pero non esquezas que hai compañeiros e compañeiras que tamén os queren ler.

O OBXECTIVO É QUE OS LEAN O MAIOR NÚMERO DE PERSOAS.

Unha vez que o leas terás que deixalo nun sitio visible do colexio (lugares comúns por onde pasemos todos/as:escaleiras,patio,pasillos,bancos,...) para que o volten coller.

NON SE TRATA DE AGOCHALO PARA QUE O BUSQUEN,TRÁTASE DE DEIXALO LIBRE PARA QUE CALQUERA POIDA COLLELO E DESFRUTALO.

Dentro do cómic atoparás un sobre cun folio onde deberás deixar unha dedicatoria dirixida ó libro ou ao próximo lector/a.

Cando atopes un cómic informa a túa titora/or.


ANÍMATE A XOGAR CONNOSCO!!!!

16 abr 2015

OBRADOIRO DE CONTOS:AMALIA PÉREZ OTERO

O xoves 9 de Abril, tivemos dous obradoiros  da man da escritora AMALIA PÉREZ OTERO para o alumnado de 3º,4º e 5º.
Un obradoiro cheo de aventuras:
"A illa do tesouro"
 
Comezamos o obradoiro co conto de "O pequeno Yared” pois esta foi a porta da miña faceta de escritora.
Continuamos  con  SOÑOS  DE  ALGODÓN e o seu proceso de creación: desde unha idea ata o libro. E, baseándonos no seu relato, creamos contos ilustrados onde o máis importante foi ser un mesmo como así nos contaron os pequenos escritores e escritoras do Seis.
Nalgúns grupos puidemos rematar este rápido encontro co CONTO DOS GORROS inventando unha historia fantástica e totalmente espontánea que introducía ás personaxes co gorro que se lle colocaba.

Un obradoiro de cata de contos
"O lectaurante"
Para pequen@s larpeir@s que entraron na bilio con fame de aventuras.

Despois dunha presentación da xefa de cociña e de colocar as mesas como bo Lectaurante que era (manteis, pratos, vasos...), fixemos unha contada grupal da historia A FLOR MÁXICA: conto sen palabras no que cada neno e nena tiña que “ler” a imaxe que lle tocaba.


Moitas Grazas!!Disfrutamos,imaxinamos  e navegamos  polo mundo máxico  dos contos e das historias.

Amalia é autora de Contos das illas; Soños de algodón; Alba,a princesa das sete coroas; A Xanela e a colección de seis libros nos que o protagonista das historias é o seu fillo Yared. 


Máis información sobre Amalia no blogue  A Palabra Máxica.