25 abr 2015

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

Como xa ven sendo tradición no noso cole,o 23 de Abril, facemos a experiencia Libros ao patio e Apadriñamentos Lectores, actividade moi fermosa e emocionante, na que a maxia da lectura inunda todos os espazos e a todas as persoas que participamos nesta xornada tan especial.
Grandes e pequenos agardábamos o Día do Libro para compartir esas lecturas que foron preparadas con moito cariño e ilusión.
Cada neno/nena de 3º,4º,5 e 6º  apadriñou/amadriñou  a un/unha de educación infantil,1º e 2º. Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo de biblioteca.
Despois do recreo, as madriñas e os padriños foron recoller aos afillados e afilladas as súas aulas e tod@s fomos saíndo ao patio de terra.
Primeiro fixemos unha lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.
Cando foi a hora de empezar a ler, escomenzou unha música moi suave que acompañounos  nas nosas lecturas, escoitando atentamente as historias preparadas nas que a imaxinación e as verbas fixeron a ledicia de todas e todos os que participamos nesta festa da lectura.
Rematamos o acto coa entrega dos diplomas e agasallos  ás máis lectoras/es.
Logo regresamos ás clases e as afilladas e afillados agasallaron ás súas madriñas e padriños cun marcapáxinasque representaban os distintos personaxes de cómic de cada aula.
Estas son as imaxes da xornada 

No hay comentarios:

Publicar un comentario