O
xoves 9 de Abril, tivemos dous obradoiros
da man da escritora AMALIA PÉREZ OTERO para o alumnado de 3º,4º e 5º.
Un obradoiro cheo de aventuras:
"A illa do tesouro"
Comezamos o obradoiro co conto de "O pequeno Yared” pois esta foi a porta da miña faceta de escritora.
"A illa do tesouro"
Comezamos o obradoiro co conto de "O pequeno Yared” pois esta foi a porta da miña faceta de escritora.
Continuamos con
SOÑOS DE ALGODÓN e o seu proceso de creación: desde
unha idea ata o libro. E, baseándonos no seu relato, creamos contos ilustrados
onde o máis importante foi ser un mesmo como así nos contaron os pequenos escritores
e escritoras do Seis.
Nalgúns grupos
puidemos rematar este rápido encontro co CONTO DOS GORROS inventando unha
historia fantástica e totalmente espontánea que introducía ás personaxes co
gorro que se lle colocaba.
Para pequen@s
larpeir@s que entraron na bilio con fame de aventuras.
Despois dunha
presentación da xefa de cociña e de colocar as mesas como bo Lectaurante que
era (manteis, pratos, vasos...), fixemos unha contada grupal da historia A FLOR
MÁXICA: conto sen palabras no que cada neno e nena tiña que “ler” a imaxe que
lle tocaba.
Moitas Grazas!!Disfrutamos,imaxinamos e navegamos polo mundo máxico dos contos e das historias.
Amalia é autora de Contos das illas; Soños de algodón; Alba,a princesa das sete coroas; A Xanela e a colección de seis libros nos que o protagonista das historias é o seu fillo Yared.
Amalia é autora de Contos das illas; Soños de algodón; Alba,a princesa das sete coroas; A Xanela e a colección de seis libros nos que o protagonista das historias é o seu fillo Yared.
Máis información
sobre Amalia no blogue A Palabra Máxica.
ENCANTADA de compartir estes ratos entre contos, nenos e nenas e millóns de historias que quedan por contar.
ResponderEliminarMoi agradecida ao alumnado que o puso todo por se divertir e participar, ás mestras por amosar unha vez máis o bo traballo que desenvolven cada día, a Puri e máis o resto do Equipo Directivo por facer posible este encontro e a Viri por enviarme unha invitación tan marabillosa e conmovedora da súa clase. GRAZAS A TODOS/AS.