Seguindo
o proxecto anual, para este mes dos libros e da lectura,o lema elexido é
"EN ABRIL,CÓMICS MIL"
Son
moitas as actividades que temos programadas e que xa escomenzaron. Agardamos
que disfrutedes con elas!!
Libros
ao patio e apadriñamentos e
amadriñamentos lectores.
Durante esta semana os alumnos/as de 2º e 3º ciclo estiveron preparando as lecturas que compartirán cos seus compañeiros/as máis pequenos e nos primeros días desta irán coñecer aos seus afillados/as.Todos,grandes e pequenos agardan por ese día con moita ilusión e expectación.
Lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.
Durante esta semana os alumnos/as de 2º e 3º ciclo estiveron preparando as lecturas que compartirán cos seus compañeiros/as máis pequenos e nos primeros días desta irán coñecer aos seus afillados/as.Todos,grandes e pequenos agardan por ese día con moita ilusión e expectación.
Lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.
Agasallo
de marcapáxinas e entrega de diplomas
aos máis lector@s.
CONTACONTOS
Anxo
Moure,para Edº infantil,20 de Abril
ENCONTRO CON ESCRITORAS
Fina
Casalderrey,para 4º, 30 de Abril
Amalia
Pérez Otero,para 3º,4º e 5º,9 de Abril
ENCONTRO CON ILUSTRADORES/AS
Anxo
Fariña,para 5º,16 de abril
Jacobo
Fernández Serrano,para 1º e 2º, 20 e 24 de abril
Abraham
Carreiro,para 6º,22 de abril
Iria
Iglesias e Daniel Viéitez para 3º,27 de abril.
SELFIE CO TEU CÓMIC FAVORITO!!!
Con
Mortadelo ou con Filemón.
Con
Zipi ou con Zape.
Con
Calvin ou con Hobbes.
Elixe
a túa personaxe favorita
ponte
ben guap@,
colle
un cómic e....
Selfie
para o cole!!!!!
CÓMIC E ARTE
Decora
unha onomatopea con diversas técnicas e empregando diferentes materiais.
EXPOSICIÓNS
Libros
que falan de libros,Os libros máis lidos,diversos traballos sobre os libros
lidos ao longo do curso,cadernos viaxeiros das mochilas,libros colectivos,...
DECORACIÓN DA ENTRADA
Pingas feitas de cómics,debuxos de personaxes
de cómic chovendo e lendo,viñetas sobre os libros,..
FRASES SOBRE OS LIBROS E
A LECTURA E CÓMIC
A LECTURA E CÓMIC
Debuxa
un personaxe de cómic co que te identifiques e escríbelle no bocadillo unha
frase sobre os libros e a lectura e logo entrégao na biblio para montar unha
exposición.
AS FAMILIAS CONTAN
Ao
longo dos meses de abril e maio, nos recreos contacontos a cargo das familias (pai,nai,avós,...)
O CLUB DE LECTURA RECOMENDA
Na xuntanza desta semana,os membros do club compartirán as súas lecturas preferidas e as
recomendarán.
LIBERAMOS CÓMICS!!!!
Dende
a biblioteca liberamos cómics que estarán entre nós ata o vindeiro mes de xuño.
Recoñecerás
estes cómics polo distintivo da portada,unha nota cun aviso de que non é un
cómic perdido.Si o atopas,podes collelo,lelo e volver a liberalo para que o
atope outra persoa.
Poderás ter o cómic no teu poder o tempo que
precises,pero non esquezas que hai compañeiros e compañeiras que tamén os
queren ler.
O
OBXECTIVO É QUE OS LEAN O MAIOR NÚMERO DE PERSOAS.
Unha
vez que o leas terás que deixalo nun sitio visible do colexio (lugares comúns
por onde pasemos todos/as:escaleiras,patio,pasillos,bancos,...) para que o
volten coller.
NON
SE TRATA DE AGOCHALO PARA QUE O BUSQUEN,TRÁTASE DE DEIXALO LIBRE PARA QUE
CALQUERA POIDA COLLELO E DESFRUTALO.
Dentro
do cómic atoparás un sobre cun folio onde deberás deixar unha dedicatoria
dirixida ó libro ou ao próximo lector/a.
Cando
atopes un cómic informa a túa titora/or.
ANÍMATE
A XOGAR CONNOSCO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario