Neste mes de maio realizamos unha actividade de lectura compartida co IES Alexandre Bóveda, centro ao que estamos adscritos.
O lugar elexido
foi o parque da Bouza que está preto dos dous centros.
O martes 7 de maio, nunha mañá solleira, alumnado de 1º da ESO leron fermosas lecturas aos cativos e cativas de Educación Infantil de tres anos.
As imaxes amosan o moito que
desfrutamos!!! Encántanos que os/as maiores nos conten contos!!!
A entrega de marcapáxinas como agasallo e a foto de grupo puxeron o remate a esta xornada!!! Moitas grazas a todos e todas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario