No mes de abril en Cine na Biblio, proxectamos para Edº Infantil e 1º Ciclo a gañadora do Oscar en 2011 á mellor curtametraxe animada, “Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore” de William Joyce e Brandon Oldenburg.
Inspirada no furacán Katrina e no Mago de Oz é unha historia de persoas que adican a súa vida aos libros e os libros devólvenlles o favor.
Posteriormente, como non podía ser doutra maneira, Joyce publicou o álbum ilustrado baseado na curtametraxe, que é un dos favoritos desde fai anos na nosa biblioteca.
Para conmemorar o 23 de abril e ao noso escritor máis
ilustre, Miguel de Cervantes, para os máis maiores houbo un capítulo da serie
de RTVE “Don Quixote da Mancha”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario