A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 23 de febreiro, data do
aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que
agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Nesta edición de 2024 Carlos Callón foi a persoa escollida para a redacción
do Manifesto da AELG,
que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 24 de
febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O
texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos
organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade
remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.
O lema escollido para este 2024 é:
#oamordapatriagalega
ROSALÍA: O AMOR DA
PATRIA GALEGA
“As palabras de Rosalía dábanlle dignidade e sentido á
fala do pobo galego e ás súas vidas sen nome.
“O amor da patria me afoga”, escribiu na obra con que
inaugurou a literatura galega contemporánea. O seu inmenso segundo libro no
noso idioma vai dedicado ás persoas que se organizaban “volvendo para a súa
patria os ollos e o corazón”.
Ese amor que ela
aqueceu e proxectou é un alento que aínda hoxe mapea horizontes, abre porvires
e renace día a día en cada persoa que levanta a cabeza para que Galiza exista,
nun mundo mellor, diverso e igualitario. Un mundo, en fin, máis rosaliano…”
FONTE:AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario