Coma todos os anos por estas datas achegamos a nosa Guía de Lecturas cos libros que traballaremos nas aulas despois das vacacións de Nadal. Podedes incluilos nas vosas cartas ao Apalpador, Papa Noel e aos Reis Magos.
Contaremos coa presenza dos escritores e escritoras que compartirán co alumnado momentos para falar dos seus libros.
Tamén
inclúe recomendacións para as familias e unha pequena homenaxe ao escritor
Miguel López, o Hematocrítico, finado recentemente, cunha selección dos seus
libros.
En dous formatos: nun tríptico e na presentación en
Canva.
Colabora co comercio local e merca nas súas
librarías!!!
Un libro sempre é un bo agasallo!!!
Neste Nadal agasalla lecturas!!!
Guía lecturas nadal 2023 de Biblioteca Seis do Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario