O luns 27 de novembro reuniuse por
primeira vez neste curso o Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”.
Incorporanse catro novas mulleres ao
noso club. Nesta primeira ocasión, por diversos motivos, non poidemos xuntarnos
todas.
Compartimos opinións sobre o libro “Non penses nun elefante rosa”, no que Antía Yáñez aborda o tema da saúde mental. Permitiunos coñecer e achegarnos a como é a vida de Laura, unha rapaza que ten TOC. A valoración foi moi diversa reflexionando sobre determinados temas que estan presentes no libro: a ansiedade, culpabilidade, amizade con Brais (un neno de 10 anos), o sufrimento, o amor, a relación coa familia...
Coma sempre acompañamos as nosas
conversas cun café e algo doce.
Falamos das posibles lecturas deste curso: poesía (Yolanda Castaño), teatro (Paula Carballeira), narrativa…
Escollemos o seguinte libro que imos ler, “Ninguén contará a verdade” de Pedro Feijoo.
Agardando pola vindeira reunión!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario