4 nov 2023

PRESENTACIÓN DE " A FOTÓGRAFA PERPETUA"

No mes de outubro tivo lugar no Museo Marco a presentación do libro "A fotógrafa Perpetua", Ed. Xerais, da artista, cineasta e mestra Olaia Sendón e do proxecto "Perpetuando" que vai por en marcha con Mar Caldas.

Un proxecto sobre a historia da fotografía con perspectiva de xénero.

Este libro é un álbum de fotos no que se conta a vida dunha fotógrafa galega, Perpetua, pero tamén hai algo máis, en todas as súas imaxes hai un segredo agochado.

 

As mestras de 2º de Primaria acercáronse para que nos firmase o libro que temos na nosa Biblioteca e que están traballando neste curso,  e convidalas a visitarnos e contarlles ás nenas e nenos como xurdiu este marabilloso conto.

 

Tamén lle fixemos entrega dos debuxos que fixo o alumnado sobre o libro “A crebeira Marabillas” da mesma autora.


No hay comentarios:

Publicar un comentario