“A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua permítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas.”
Elena Vázquez Cendón
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política
Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como
o MES DA CIENCIA EN
GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a
difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas, Decana da Facultade de
Matemáticas da USC, membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do
Estalmat-Galicia e Premio María Josefa Wonenburger no 2022.
O manifesto para este ano 2023, baixo o título "Sementeiras de curiosidade científica " abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar
e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de
recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a
disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables
en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores
e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos
centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS
BIBLIOTECAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario