1 abr 2023

ENCONTRO INTERXENERACIONAL CON ATENDO

O mércores 29 de marzo, recibimos a Consejo, Tusa, Rita e Teresa, usuarias do Centro de Día Atendo acompañadas de Gisela, que viñeron compartir con nós unha actividade.

Primeiramente, o Voluntariado da biblioteca recitoulles poemas de Rosalía de Castro e contáronlles un conto rimado, “Dez gatiñas viaxeiras” de Eva Mejuto.

O alumnado de 6º de Educación Infantil desfrutou dos contos que nos contaron: “Tu planta interior” e “Juntos” do libro “Cuentos Montessori” de Marta Prada, e agasalláronnos cunha planta.

Despois chegou o momento de xogar: o xogo da ra, que ben o pasamos e cantos recordos nos traen!!!

Fixómoslle entrega  duns corazóns que amosan o noso cariño por esas verbas, xestos e complicidade.

Grazas por eses momentos compartidos!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario