Como en anos anteriores, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Grecia é a sección encargada de elaborar a
mensaxe do escritor Vagelis
Iliopoulus e o cartel de Photini Stephanidi co lema: “Son un libro, leme”.
Cada un de nós é único.
E merece ser respectado,
ser lido sen prexuizos,
ter o seu espazo, o seu andel.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e
Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
-Mensaxe e cartel en galego.
-Día do Libro Infantil - OEPLI
FONTES: BIBLIOTECAS ESCOLARES E GÁLIX
No hay comentarios:
Publicar un comentario