E
por fin chegou o día!!!
O martes 9, inauguramos a nosa nova
Biblioteca ”Atlas dos Soños”.
Xornada
de emocións e sentimentos!!
Contamos
ca presenza de diversas Autoridades, representante da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Anpa e como Madriña da inauguración a escritora Ledicia Costas.
O acto estivo presentado polo Voluntariado de 6º de Primaria que foron os
encargados e encargadas de dirixir os nosos pasos hacia os diferentes espazos.
A
nova Biblioteca está ubicada na que era a casa do conserxe e nela están os libros de literatura recreativa e de ficción, para actividades de fomento da lectura, contacontos, encontro con escritoras e escritores,... A BiblioLab, ocupa a antiga biblioteca, na que está presente a linguaxe de programación, a robótica, matemáticas, ciencias, libros informativos e de consulta,...
Na
biblioteca atoparonse cun espazo cheo de historias agochadas entre
as letras, pictogramas e notas musicais que agardan impacientes ser descubertas
polos nenos e nenas do cole; e na BiblioLab visitaron un espazo que está
esperando ser o escenario de experimentos, investigacións, construccións e
creacións dos nosos e nosas futuros makers.
Inauguración Biblioteca de Biblioteca Seis do Nadal
Escoitamos
a canción “A Biblioteca do Seis”. Letra de Isis e música de Gael e Isis,
acompañados da mestra Sara e interpretada polo alumnado de 5ºB co retrouso en lingua de signos.
E o mércores 10, foi un día moi especial, xa que todo o cole puido visitar a biblioteca e
escoitar ao escritor e contacontos Anxo Moure co que disfrutamos de historias e bosques de contos.
Viu na súa ciclobiblioteca e agasallounos coas súas verbas e poesía ademáis dun atrapacontos e un libro.
Grazas
a todas e todos!!!
En
breve o vídeo das dúas xornadas.