“E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender”.
Amparo Alonso Betanzos
Desde
a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa
Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual
do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase
esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en
intelixencia artificial.
“…a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?"
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO
PINTEREST: CIENCIA EN GALEGO
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario