Para conmemorar esta data, foron diversas as actividades que se realizaron:
-Queriamos render unha fermosa homenaxe ás mulleres que están preto de nós e que nos inspiran no noso día a día: nais, avoas, irmás, tías,… para elo plantexamos unha actividade colectiva na que solicitamos a colaboración das familias:
“Unha Muller importante na miña vida é…”
O
alumnado tiña que completar unha plantilla que se lle entregou: pegar unha foto,
escribir o nome e un pequeno texto sobre a muller especial e importante escollida.
Con todas elas montamos, no vestíbulo do centro, un precioso mural.
-Exposición de libros sobre esta temática. “Lecturas en feminino”, con biografías de mulleres científicas, escritoras,… valentes e pioneiras, en diferentes eidos da sociedade, que abriron camiño e, libros nos que as mulleres e as nenas, son protagonistas.
-Carteis
e traballos plásticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario