O Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: “Mulleres Líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.
A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.
O Día Internacional da
Muller deste ano é un clamor a favor da Xeración Igualdade, a fin de actuar
para conseguir un futuro igualitario para todas e todos.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e información para traballar o tema. (Preme nas imaxes)
-APRENDE COAS MULLERES GALEGAS
Proxecto con unidades didácticas e actividades para coñecer a mulleres galegas de diferentes eidos da sociedade, escritoras, mestras, biólogas,...
-ALBUM DE MULLERES GALEGAS
Centro de documentación dixital para divulgar e investigar a contribución das mulleres á sociedade e cultura galega.
-PORTAL DAS PALABRAS
Sete palabras de pioneiras para o Día da Muller.
-OS
BOLECHAS POLA IGUALDADE
Unidade didáctica e conto.
-VIDEOS
Selección de lecturas que contribúen a educar en igualdade.
8M- LECTURAS EN FEMININO de Biblioteca Seis do Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario