Recursos para coñecer a obra e o legado da nosa ilustre poetisa.
Fundación Rosalía de Castro: con información diversa, biografía, obras, frases,...
Recursos para coñecer a obra e o legado da nosa ilustre poetisa.
Fundación Rosalía de Castro: con información diversa, biografía, obras, frases,...
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura
como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía
que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Para a edición de 2021 Anna R. Figueiredo é a
escritora escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido
no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 27 de febreiro
no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto
será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados
por outras entidades que se sumaron ás propostas que a entidade remitiu a
concellos, asociacións e centros de ensino.
O lema deste día é “Teus doces cantares”
Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.
Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.
(Cantares Gallegos)
A proposta para os centros de ensino trata de unir a idea da música na literatura, a música en
Rosalía e a reinvención da nosa tradición lírica-poética-musical en torno á
figura senlleira da poeta. A música serve para curar, salva distancias,
comunica, únenos e hai poucas cousas que sexan tan universais como a necesidade
de cantar, para expresar dor ou ledicia.
Reivindicamos a idea de Rosalía de Castro desde a música, desde o ritmo
do poema, desde a actualidade e o espírito de liberdade, superación e anovador
da poeta chegado aos nosos días. Podemos cantar, podemos expresarnos a través
do movemento, podemos concentrar os sentimentos que se revolven no noso
interior a través da modulación da voz. Ela xa o fixo, deixando textos que
reivindican a nosa realidade, malia estaren escritos hai ben de anos.
Rosalía desconfinada!
FONTE: AELG
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras
accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das
comunidades e as sociedades, por exemplo, a fortalecer a continuidade
da educación e os servizos informativos de saúde durante a actual pandemia pola
Covid-19.
É unha homenaxe a súa capacidade de adaptación ao ritmo das
transformacións da sociedade e das novas necesidades dos/das ointes. Accesible
en calquer lugar e en calquer momento, a radio chega a unha amplia audiencia.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son
vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Dende a biblioteca queremos deixarvos uns materiais e recursos para traballar este día.
-Recursos
·
Mulleres de ciencia en Galicia
-Selección de lecturas
Do 8 ao 12 de febreiro celebramos na biblioteca o amor pola lectura tendo unha CITA A CEGAS CUN LIBRO.
ATRÉVESTE???
Este
curso por mor da pandemia e, para cumprir os protocolos, facemos a actividade a nivel de clase.
Cada
aula recibe un paquete. Os libros están envoltos en papel de periódico e con corazóns. Non teñen nin título, nin
autor/autora, nin imaxes, nin pistas,... para que non poidas saber que hai no seu interior: aventuras, misterio,...
Un
xogo moi sinxelo e entretido…
Só
tes que escoller un dos libros “sorpresa”, deixarte seducir e descubrirás historias
que te namorarán.
Ó chegar a túa casa, abre o papel e…
Sorpresa!!!!!
Será
amor a primeira páxina!!!
Recomendamos dous libros que fan un percorrido polos personaxes tradicionais do noso Entroido: cigarróns, peliqueiros, volante, troteiros, madamas e galáns, o oso, o merdeiro, mázcaras, pantalla, xenerais, o galo, …
É TEMPO DE ENTROIDO!
Ramón D. Veiga e David Sierra Ed. Xerais.
É
tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa
cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse
unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!
Para poder escoitar a canción preme na seguinte ligazón
NON PARE A FESTA. É tempo de entroido 2
Ramón D. Veiga e David Sierra Ed. Xerais
Un grupo de personaxes do Entroido Galego, con instrumentos musicais e
outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa
festa.
Para poder escoitar a canción preme na seguinte ligazón
Achégase o Entroido e, dúas tarefas terás que facer, se un novo selo queres conseguir:
1.-Investiga
sobre o Baile de máscaras ou
mascarada.
2.-Fai
a túa máscara e despois saca unha foto con ela.
Entrégalla
a túa titora/titor.
Agardamos as vosas respostas!!!