13 feb 2021

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."

Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das comunidades e as sociedades, por exemplo, a fortalecer a continuidade da educación e os servizos informativos de saúde durante a actual pandemia pola Covid-19.

É unha homenaxe a súa capacidade de adaptación ao ritmo das transformacións da sociedade e das novas necesidades dos/das ointes. Accesible en calquer lugar e en calquer momento, a radio chega a unha amplia audiencia.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:

Publicar un comentario