O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida
pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres
Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación
Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das
autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos
das súas obras.
Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á
festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.
A IV edición celébrase este
ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor
entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo,
contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns,
mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a
obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo
fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario