BIBLIOTECA ESCOLAR,VIVEIRO DE
CIDADANÍA é o lema que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos propón
ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020. O ilustrador
Óscar Villán interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de
diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.
Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado
para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a
estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición,
aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores
democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz
imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos
e todas.
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese
"viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas
e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario