Nos últimos
anos estase a recuperar a figura de O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro. É un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de
Galicia e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales
para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante
todo o ano, decíndolles "Así, así esteas todo o ano",
achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
Ilustración de Leandro Lamas
O Apalpador, de profesión carboeiro, mora
nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais de Galicia e
caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina
e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con baias
salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
O Apalpador é moi
lambereteiro e se as nenas e os nenos lle deixan un
calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite
visitando todas as casas de todos os nenos e nenas galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que
fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle
máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou
o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de
plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os
nenos e nenas doutras partes do planeta.
O Apalpador recupera unha figura da nosa tradición
relacionada co Pai Inverno e mesmo co propio Papá Noel, propia dos pobos
preindoeuropeos e espallada por toda Europa, quizais relacionada cos ancestrais
cultos á divinidades do Inverno, protectores das colleitas e do gando que, por
influencia do cristianismo foi desaparecendo. Recuperar o Apalpador é un acto
de reivindicación das nosas tradicións e dun consumo solidario e
responsable.
Máis información e recursos nas seguintes ligazóns:
-Páxina web
-Páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización
Pasade pola biblioteca e
poderedes ler os libros que temos sobre o Apalpador.
Conto
en pictogramas (preme na imaxe)
Cancións sobre o Apalpador
-Canción de Malvela
-Canción "O Apalpador" incluída no libro "TOC TOC",
de Pablo Díaz.
-Canción "O Apalpador" incluída no libro "Estación Nadal", de Mamá Cabra
-Canción"O Apalpador" no libro "Brinca Vai" de Paco Nogueiras
-Canción "O Apalpador" incluída no libro "Lucecús",
de Pirilampo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario