O
mes de Novembro adicámolo á Tradición Oral. Nun recanto recreamos a cociña dunha aldea e
convidamos á Comunidade Educativa a que viñera contar contos populares e
lendas de tradición oral.
Viñeron
avoas, mamás , papá, madriña e mestras a contarnos esas historias fantásticas e máxicas (de
mouras, de personaxes da nosa mitoloxía,....) que se trasmitiron ao longo das
xeracións de boca en boca e que son reflexo da nosa identidade.
Pola súa participación recibiron un diploma. Grazas por compartir o voso tempo con nós !!!!
Na
biblioteca tivemos unha exposición de : contos populares (A Nosa Terra), Contos
marabillosos (Edicións do Cumio), a colección Cabalo Buligan (Ed.Xerais), ...
Tedes
información sobre a nosa tradición nas seguintes ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario