18 jun 2018

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA

Este curso chegaron á nosa escola seis pequenos robots co propósito de levar a cabo unha auténtica revolución. Foron quen de facelo? …atent@s

Para comezar, fíxose unha charla para todo o profesorado que tiña como finalidade ver qué eran estes pequenos robots, qué significaba a palabra Escornabot, que posibilidades e emprego podíamos darlle no noso traballo, coñecer algunhas actividades, experiencias e propostas que xa se levaban a cabo e eran unha realidade noutros centros. Para rematar esta primeira xornada presentamos  un dos pratos fortes do noso proxecto:  As Semanas Robóticas. Por agora todo un éxito, xa que todo o profesorado mostrouse interesado e participativo.
As semanas robóticas tiñan como  obxectivo que todo o alumnado coñecera os Escornabots e ver a implicación con eles. Para ela organizouse un traballo en cadea coas diferentes aulas, na que os rapaces e rapazas, explicarían uns a outros que son os Escornabots e a súa filosofía: -Faino ti mesmo…e faino con outros, montarían os Escornabots, farían taboleiros, poderían xogar, creación de carcasas e cada clase elixiría un nome para os diferentes robots. Comezou o alumnado de 3ºB, e foron dende 6º aos máis cativos de 3 anos.
Rematamos as Semanas Robóticas cunha votación por todo o alto na biblioteca para elixir os seis nomes definitivos, os axudantes de biblioteca tomaron rexistro, recontaron votos e acta de todo os participantes. Polo que os nosos Escornabots xa tiñan cadaquén o seu nome: R2D2, ALBONDIGUILLA, TERCIBOT, PUPABOT, LILI, BAT ….
Posteriormente, volvémonos  xuntar todo o profesorado para coñecer os resultados da avaliación das semanas robóticas, na que tod@s concluimos que fora todo un éxito, todo o alumnado participou moi activamente e moi motivado, quedándolle ganas de máis. Nesta xuntanza, o profesorado  tamén puido practicar con diferentes xogos, feitos polo equipo da biblioteca, e coñecer a ubicación que, tanto xogos como robots, terán para o seu emprego co alumnado.
E así chegaron para quedarse os Escornabots no noso colexio. Agora todo o profesorado e alumnado, na súa hora de asignación da Biblioteca, pode empregar e traballar con estes pequenos robots, Escornabots, que si revolucionaron polo menos durante unhas semanas a vida  da  nosa escola e que tod@s esperamos que de cara ao curso que ven sigan a conquistar aos nosos alumnos e alumnas e lles axuden a aprender mellor, a aprender diferente, a aprender a través do xogo e as tecnoloxías. Seguide atentos ao noso blogue!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario