24 may 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Na Semana das Letras Galegas, estivemos traballando sobre a autora homenaxeada 
MARÍA VICTORIA MORENO.

"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".

 Na entrada do centro montamos unha exposición de  libros sobre a autora.
Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos diversos recursos para que o profesorado poidera traballar nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre María Victoria que se entregou ás familias.
Fixemos murais, debuxos dos seus contos e poemas, actividades en liña, retratos, lecturas,…..
Vimos os carteis gañadores do concurso das Letras Galegas que estan expostos nun taboeiro no que escribiron adicatorias  e que rotou polas distintas aulas.


20 may 2018

CORRELINGUA

O 16 de maio participamos con outros centros no Correlingua.

O lema deste ano  "A lingua non para" foi o escollido para a nosa pancarta.

O percorrido iniciouse no Concello e os nosos alumnos e alumnas  de cuarto e quinto de primaria incorporáronse na Praza de América para continuar a marcha ata o Parque de Castrelos.

Levamos  as camisetas agasallo da Anpa do centro. Moitas grazas!!!!
Mentras o alumnado de educación infantil de cinco anos disfrutou da actuación de Pakolas.

A entrega de agasallos aos centros gañadores do concurso e dúas actuacións puxeron o remate desta xornada . Un día de festa a prol da nosa lingua!!!

15 may 2018

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

O luns 30 de Abril recibimos a visita do escritor Xavier Estévez, autor do libro "Avións de papel", que leu o alumnado de sexto.
Previamente fomos ensinarlle a Galería de "Arte na rúa" que xurdiu a raíz da lectura do seu libro. Nela os nenos e nenas de sexto fixeron reproduccións de obras de diferentes artistas (Lula Goce, Banksy) e de graffiti da nosa cidade (Powone). Quedou impresionado polo traballo desenvolto.



A sesión inciouse cunha breve presentación sobre o autor por parte de dúas alumnas e despois Xavier foi contestando as diferentes preguntas que tiñan preparadas.
Rematou asinando nos distintos exemplares e no libro de visitas. Foi un encontro moi gratificante. Grazas!!!

13 may 2018

CONTACONTOS CON IAGO LÓPEZ

O venres pasado, o alumnado de primeiro e segundo  tivo  a oportunidade de poder escoitar a Iago López que xa nos visitara en máis ocasións.
Iago fixo unha animación lectora co libro "Eu conto, ti cantas..." de María Victoria Moreno escritora homenaxeada polo Día das Letras Galegas.
Foi moi divertido e entretido. Pasámolo xenial. Agardámoste con máis contos!!!
Iago López Santos é mestre en Educación infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como “Marañao” ou “Chéspir teatro”. Como autor de literatura infantil publicou os álbums “O cociñeiro Martiño” (Xerais, 2016) e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" (Xerais, 2018).

10 may 2018

V QUEDADA LITERARIA

O martes 8 de maio participamos con outros nove centros de Vigo e un de Porriño na V Quedada Literaria no Parque de Castrelos. Contamos coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística  do Concello de Vigo e da Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Nun entorno natural o alumnado de infantil de catro anos e terceiro de primaria realizaron unha actividade de lectura compartida.
Unha xornada na que os protagonista son os libros e os nenos e nenas que compartiron momentos de lectura, charla, merenda  e intercambio de marcapáxinas cos outros centros.

Infantil  xunto co nenos e nenas do Eduardo Pondal e de O Pombal disfrutaron dun contacontos a cargo de Raquel Queizás.
Os máis maiores despois de facer os seus grupiños  buscaron na zona que tiñamos asignada un recanto para poder disfrutar da lectura , de risas, de coñecernos,.... uns momentos entrañables cos coles de Carrasqueira e Virxe do Rocío.
Bea Campos  puxo o peche final  a esta fantástica xornada contándonos catro contos.
Todos e todas xuntos cantamos e bailamos "O libro máxico de Migallas".
Un experiencia preciosa e que agardamos repetir!!!

7 may 2018

AS FAMILIAS CONTAN

Xa fai varios cursos que incorporamos na dinámica da biblioteca a participación e implicación  das familias como promotoras da lectura.
Co lema "Xoves de conto en familia" invitamos e animamos ás familias a participar nesta actividade de animación á lectura.

Que mellor contacontos que os pais, nais,.... que nos acompañan en diferentes momentos ao longo do curso compartindo nas aulas dos seus fillos e fillas momentos cheos de ilusión , ledicia e emocións  léndolles un conto.
Temos familias que curso tras curso repiten porque lles encanta a actividade.

O  equipo de biblioteca asesora na selección das lecturas que proceden dos fondos da biblioteca e son contados en galego.

Como agradecemento ás familias agasallámolas cun diploma  de participación. Moitas  grazas !!!

6 may 2018

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O venres 4 de maio recibimos un curso máis  a visita da escritora Ledicia Costas , autora do libro  "A señorita Bubble", que leu o alumnado de 5º dentro do itinerario lector deste curso.
Neste libro Ledicia reivindica o papel das mulleres na ciencia.

Previamente ambientamos a Sala Rosalía cunhas ilustraciones dos personaxes.
A sesión comenzou cunha presentación  a cargo de dúas alumnas e na que Ledicia contounos diferentes anécdotas  para a continuación dar paso ás preguntas que permitiron ir desgranando esta historia, como xurdiu, en quen se inspirou,.....
Foi unha charla moi amena e divertida.

Prometeu unha segunda parte e anunciou a presentación do seu último libro.
Rematou deixando a súa pegada e sinatura nos distintos exemplares e no libro de lembranzas do centro.
Grazas Ledicia!!! Agardámoste con máis historias!!!

3 may 2018

MARÍA VICTORIA MORENO,LETRAS GALEGAS 2018

María  Victoria Moreno é a escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas 2018.

Deixamos as seguintes ligazóns con materiais e RECURSOS diversos para  traballar nas aulas e achegarnos a súa vida e obra.

PÁXINA NA REAL ACADEMIA GALEGA
PRIMAVERA DAS LETRAS
SEMINARIO GALÁN
O PORTAL DA LINGUA
BIBLIOTECAS ESCOLARES
María Victoria Moreno:"Constelación literaria" arredor dalgúns dos seus libros
PORTAL DAS PALABRAS
Sete palabras de María Victoria Moreno
EN PICTOGRAMAS
Biografía con pictogramas

Poema "Lúa de prata"  musicado por Fuxan os Ventos

2 may 2018

O MAIO DO SEIS

Un ano máis como ven sendo tradición no noso centro co inicio do mes de maio e co comenzo da primavera celebramos Os  Maios .
Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de  MAIO, unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza, a protección de vexetais e animais, o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
As familias aportaron os distintos materiais: fento, carqueixas, calas, pampillos, margaridas, cáscaras de laranxa, fiuncho, uces, xestas e outros vexetais cos que fomos cubrindo e vestindo a estructura do maio.
Vocabulario aprendemos e coplas cantamos ao noso maio emocionante e creativo!!!
A mañá foi amenizada polas pandereteiras de Rueiro.

Grazas ás familias pola constante colaboración!!!

1 may 2018

POEMANDO A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O venres pasado con nós no Seis do Nadal:
Antonio García Teijeiro o poeta.
Adicámoslle un mural, dúas cancións e unha obra teatral
e disfrutamos moito, que era a nosa meta.

Dixo que lle gusta moito a nosa escola
que fomentamos o deporte e a lectura
e eso mola.
 
Contou un montón de cousas interesantes
do que fará, fai agora e fixo antes
de como en corenta anos de profesor
ben facendo o seu labor
motivou a moitos estudantes. 

O que o levou a ser escritor
foi carecer dun mestre, no seu día, motivador.
Tampouco posuía libros na casa ou no colexio
Eso era para el… Todo un privilexio.

A poesía foi a ferramenta
para derruír muros e cadeas
dunha infancia gris sen libros pero soños a moreas.
Deixou voar a súa imaxinación
para axudar aos nenos doutra xeración.
Amosarlles a importancia da poesía dos sentidos, emocións e sentimentos
para ensinarlles a crecer non só de cabeza senón tamén por dentro.
  
Presentou a súa obra “Poemar o Mar”
que xurdiu da fermosa area branca das praias do noso fogar
fonte de vida, o mar de Vigo
nel atopou ao seu eterno amigo.
Xogou cos nenos ao xogo de rimar
poemas moi fermosos da súa triloxía do mar.
Valentes meniños do 6,mariñeiros das palabras,
tiñades que ver todos o ben que recitaban.

Revelou o segredo da súa “goma de borrar”
que inventou outro poeta amigo e ao cal pediu prestada.
Porque neste mundo hai moitas cousas
que todos quereriamos ver borradas.
Os nenos dixeron: guerras, contaminación, persoas malas…
Tamén os exames, pero xa vos digo eu que diso nada.
Dun baúl pirata o poeta sacou a Martiño,
un monicreque mariñeiro
que cantaba coma un xilgueiro
poemas ao mar de Vigo.
Todos cantamos con el e ben que rimos
non imaxinades canto nos divertimos.

Todo rematou entre preguntas e sorrisos,
autógrafos, agasallos e mil promesas de retorno.
O mar fíxose poesía e a poesía chegou aos nenos
da man do noso poeta, Antonio García Teijeiro.