Cada
primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de MAIO, unha
construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da
zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Aínda que non están moi
claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza, a protección de vexetais e
animais, o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do
alborexar da vida nova.
As familias aportaron os distintos materiais: fento, carqueixas,
calas, pampillos, margaridas, cáscaras de laranxa, fiuncho, uces, xestas e outros vexetais cos que
fomos cubrindo e vestindo a estructura do maio.
Vocabulario aprendemos e coplas cantamos ao noso maio
emocionante e creativo!!!
A mañá foi amenizada polas pandereteiras de Rueiro.
Grazas ás familias pola constante colaboración!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario