O
martes 8 de maio participamos con outros nove centros de Vigo e un de Porriño na V
Quedada Literaria no Parque de Castrelos. Contamos coa colaboración do Servizo
de Normalización Lingüística do Concello
de Vigo e da Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Nun
entorno natural o alumnado de infantil de catro anos e terceiro de primaria realizaron unha actividade de lectura compartida.
Unha
xornada na que os protagonista son os libros e os nenos e nenas que
compartiron momentos de lectura, charla, merenda e intercambio de marcapáxinas cos outros
centros.
Infantil xunto co nenos e nenas do Eduardo Pondal e de O Pombal disfrutaron dun contacontos a cargo de Raquel Queizás.
Os
máis maiores despois de facer os seus grupiños buscaron na zona que
tiñamos asignada un recanto para poder disfrutar da lectura , de risas, de coñecernos,.... uns momentos entrañables cos coles de
Carrasqueira e Virxe do Rocío.
Bea Campos puxo o peche final a esta fantástica xornada contándonos catro contos.
Todos
e todas xuntos cantamos e bailamos "O libro máxico de Migallas".
Un experiencia preciosa e que agardamos repetir!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario