3 feb 2012

PRESENTACIÓN DO VIDEOXOGO "VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN"

                      O 1 de febreiro asistimos no Verbum  á presentación do Videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón" desenvolvido pola Concellería de Normalización Lingüística e creado polas empresas Desoños e Moonbite Games.

              "Viaxe ás covas do Folón" é un proxecto no que o Concello leva traballando moito tempo,dende o ano 2009.No ano 2010 foi presentado aos centros de ensino e realizouse un concurso para crear os personaxes do xogo,deseñados por alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria.

              Catro alumnas de 6º de Primaria do noso cole,Antía,Carmen,Laura e Violeta,tiveron a oportunidade de xogar e explicar o funcionamento porque temos o xogo no noso centro dende decembro e o tema do proxecto documental deste curso é Vigo.



            O obxectivo deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os alumnos do 3º ciclo de Primaria e de 1º da ESO,descubran a súa cidade a través da súa historia,do seu patrimonio e da súa lingua.

            Dinámica do xogo: o personaxe protagonista do xogo entra na máquina do tempo que atopa nas Covas do Folón,aí comenza unha viaxe a nove lugares da cidade en distintas épocas históricas.

            Os feitos históricos sucédense en orde cronolóxica:  Megalitismo,os Petroglifos,os  Castros, Romanización, Medievo, os Pazos, Reconquista, Modernismo e Actualidade.

           É un xogo en rede e o sitio web é: http://www.viaxeascovasdofolon.com/  i dará soporte a todo o proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario