O
sol ergue o seu pano dourado e o verán comeza a súa función máis esperada. As
rúas énchense de risas, os días fanse longos e o aire trae arrecendo a
aventura. É tempo de deixar voar a imaxinación, de facer malabares co tempo
libre e de descubrir novas historias que fagan sorrir, soñar e aprender.
Presentamos a
nosa Guía de Lecturas de Verán, unha selección de títulos cheos de
fantasía, emoción e aprendizaxe, pensada para acompañar cada momento destas
vacacións.
Cada libro é unha viaxe diferente, unha porta aberta a novas emocións e descubrimentos. Que esta guía sexa o mapa que conduza a momentos inesquecibles de lectura e descanso.
Bo verán e felices lecturas!
Guía de lecturas verán 2026 de Biblioteca Seis do Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario